Saltar ao contido

Arturo Vázquez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArturo Vázquez Fernández
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1907 Editar o valor en Wikidata
provincia de Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor en Wikidata

Arturo Vázquez Fernández, nado na provincia de Ourense o 6 de xaneiro de 1907,[1] foi un mestre galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra.[2] En novembro de 1932 foi nomeado mestre interino de Soutelo (Manzaneda).[3] En novembro de 1934 foi destinado a San Lourenzo de Trives.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Trives polas súas "ideas e actuacións marxistas" a mediados de agosto.[5][6] Foi destituído como mestre o 27 de agosto.[7] Logo do proceso de depuración foi sancionado con suspensión de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fora da provincia en maio de 1940.[8] Foi destinado a Soto de San Esteban (San Esteban de Gormaz, Soria), de onde se trasladou a Loñoá do Camiño (O Pereiro de Aguiar) en 1946.[9]

  1. El Magisterio Español, 25-10-1934, p. 31.
  2. El Ideal Gallego, 24-2-1932, p. 1.
  3. Galicia, 9-11-1932, p. 1.
  4. La Región, 16-11-1934, p. 6.
  5. El Pueblo Gallego, 22-8-1936, p. 6.
  6. El Ideal Gallego, 22-8-1936, p. 3.
  7. La Región, 28-8-1936, p. 2.
  8. La Región, 8-5-1940, p. 4.
  9. El Correo Gallego, 23-7-1946, p. 3.