As 100 mellores cancións de rock segundo VH1
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
As 100 mellores cancións de rock foi un programa especial de televisión da canle musical de cable VH1, o cal presentaba unha listaxe de temas de música rock que este realizou entre 700 persoas vinculadas á industria da música nos Estados Unidos. Entre os músicos que votaron figuraron Bono do grupo U2, Johnny Cash, Art Garfunkel, Bonnie Raitt e Lou Reed.
A canción de The Rolling Stones, ''(I Can't Get No) Satisfaction'' foi seleccionada como o mellor tema xamais interpretado na historia do rock, segundo unha sondaxe realizada en Nova York.
The Beatles estiveron representados na lista co maior número de temas dun mesmo intérprete ou grupo de intérpretes: nove cancións. A primeira delas, "Hey Jude", quedou en noveno posto.
Na lista aparecen cinco cortes de The Rolling Stones e catro de Elvis Presley e Led Zeppelin respectivamente. Bob Dylan estivo representado con tres, ademais da súa composición "All Along the Watchtower", que os enquisados preferiron na versión de Jimi Hendrix.
O tema máis antigo da lista é "Rock Around the Clock" de Bill Haley e as súas Cometas, publicado en 1955, e o máis recente foi "Smells Like Teen Spirit", da banda Nirvana, publicado en 1991.
Controversia
[editar | editar a fonte]Unha importante cantidade de público ficou descontento polas fortes ausencias de cancións como "I Still Haven't Found What I'm Looking For" de U2, "Losing My Religion" de REM, "Sultans of Swing" de Dire Straits, "Help!" de The Beatles, "Tutti Frutti" de Little Richard, a lendaria "Smoke on the Water" de Deep Purple ou os éxitos de Black Sabbath "Iron Man" e "Paranoid". O público tamén definiu como "vergoñoso" editar unha listaxe sen incluír nada de Pink Floyd, Ramones, Sex Pistols, The Stooges, Pearl Jam, The Byrds ou Guns N' Roses, xa que son consideradas como algunhas das mellores bandas de rock da historia.