As nosas festas de aló
As nosas festas de aló | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nuestras fiestas de allá |
Director | Xosé Gil Gil |
Guión | Jaime Solá (rótulos) |
Son | muda |
Estudio | Galicia Cinegráfica |
Estrea | Teatro Ariel de Montevideo: 14 de marzo de 1929 |
Duración | 40 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Documental |
Orzamento | 2500 pesetas |
As nosas festas de aló (orixinalmente en castelán: Nuestras fiestas de allá), é un documental sobre as festas galegas no Val Miñor realizado por Xosé Gil no verán de 1928.
Características
[editar | editar a fonte]Baixo o encargo da "Unión de Hijos de Morgadanes" de Montevideo, que financiou o filme con 2500 pesetas,[1] Xosé Gil percorreu coa súa cámara as principais festas do Val Miñor (Vincios, Morgadáns, Nigrán, Chaín, Gondomar e Baiona) durante o verán de 1928.[2]
O documental obtido é a peza máis representativa do chamado "cine de correspondencia", no que os filmes eran empregados como postais visuais para uso dos emigrantes galegos na Suramérica. Xose Gil chegou a realizar coa súa produtora Galicia Cinegráfica uns 150 filmes deste estilo.
A película foi estreada no Teatro Ariel de Montevideo o 14 de marzo de 1929. Na década de 1980 unha copia da cinta foi depositada por un socio da Unión de Hijos de Morgadanes na Filmoteca Española, sendo restaurada no 1999 polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nuestras fiestas de allá". culturagalega.gal. Consultado o 2021-07-22.
- ↑ "Galicia 100". galicia100.consellodacultura.gal. Consultado o 2021-07-22.
- ↑ "AS NOSAS FESTAS DE ALÁ :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2021-07-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As nosas festas de aló-1928 (Nuestras fiestas de allá). Cine Galego - Proxecto Engale (2018). Youtube