Morgadáns, Gondomar
Morgadáns | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santiago de Morgadáns. | |
Concello | Gondomar[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′37″N 8°43′27″O / 42.110347222222, -8.7240472222222 |
Poboación | 1.205 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Morgadáns é unha entidade local menor e unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar, na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.255 habitantes (624 homes e 631 mulleres), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento progresivo en relación aos anos 2004, cando tiña 1.229 habitantes, e 1999, con 1.160.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o Antigo Réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Chenlo (O Porriño) e Pazos de Reis (Tui).
Pertenceu primeiro á xurisdición de Baiona para formar despois concello propio ata a distribución municipal definitiva de 1836, cando foi integrada en Gondomar. Xa en 1844 hai constancia de que os veciños de Morgadáns, xunto ós da parroquia veciña de Chaín reclamaron infrutuosamente formar concello, con capital en San Roque de Morgadáns, hoxe un lugar desta parroquia.
O 7 de agosto de 1932 constituíuse nunha das 9 entidades locais menores que existen en Galiza[2]. Trala guerra civil suspendeu as súas actividades ata 1955. Entre os bens que xestiona destaca o monte do Galiñeiro.
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Miñor.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Gondomar.
-
Río Morgadáns
-
Igrexa parroquial.
-
Capela de San Roque.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Morgadáns
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Morgadáns no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
---|---|
A Abelosa | Baralla | A Batizosa | O Camiño Branco | O Carballás | A Carballeira | Os Eidos de Abaixo | As Entreviñas | Ervillás | Gonda | Guillufe | Gulfar | O Lago | Murxido | Os Padróns | A Pedra | O Picouso | Prado | San Roque | Vilas | Viñó | Xende |
Parroquias de Gondomar
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Referencia". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2009.
- ↑ "MIÑOR archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Morgadáns na páxina da Diocese de Tui-Vigo.