Asadur, Maceda
Asadur | |
---|---|
Estrada de Coruxas a Baldrei. | |
Concello | Maceda[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°17′37″N 7°36′40″O / 42.29357302, -7.61108823 |
Poboación | 94 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Asadur é unha parroquia do concello de Maceda. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (60 homes e 63 mulleres). Está situada nas abas do monte do Rodicio,
Toponimia e historia
[editar | editar a fonte]Na igrexa parroquia consérvase unha pedra cunha inscrición en latín posiblemente do século III, que foi usada como ara do altar maior ata a reforma do Concilio Vaticano II. O texto é unha dedicatoria ó cuestor romano Licinius, e di: Q. Licinio Veget. / res p. Int. / super alia con/plura merita / pares cum fisco/ rationes infati/gabili cura et / industria eius / consecuta ("A república dos Interamnenses fai esta dedicatoria a Quinto Licionio, especialmente a causa da súa infatigable preocupación e traballo por obter do Fisco xustiza nos tributos para aquela"). Patrick Le Roux[2] afirma que esta inscrición "permite situar de modo case seguro o lugar central dos interamici". Patrick Le Roux situaría a civitas Interamicorum e o seu oppidum de nome descoñecido na aldea de Asadur.
O topónimo Asadur procede do latín Saturius ou villa Saturii. Na Idade Media era o lugar era coñecido como Costa de Sadur. Hai constancia documental deste lugar[3] dende o século X ata mediados do século XIV por fundarse un mosteiro de monxas bieitas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No lateral oeste da igrexa (fachada exterior da sancristía) consérvase un baixorrelevo[4] que Emilio Duro Peña (1973) cualificou de prerrománico e Elixio Rivas Quintas[5] de visigótico. Na esquina superior dereita aparece unha breve inscrición en dobre liña: "IhS IN CRU/CE" ("Xesús na Cruz").
A carón da epístola, na capela da Virxe Dolorosa, hai un sarcófago onde está soterrado Pedro Vázquez de Castro, Comisario do Santo Oficio e señor dos cotos de Outeiro do Cabo, Cas García e granxa da Chaira de Vascós. Na parede, debaixo do escudo, unha inscrición rota por unha ventá aberta con posterioridade di: "Esta capela (fundou e) dotou o Ldo. Pº Vázquez de Cas(tro comi)sario do sto. oficio e abade de Asad(ur an)o de 1656". No frontal do sepulcro aparece o texto: "Aquí está o corpo do comissario (Pedro) Vázquez fundador desta capela. Ano de 1656".
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Asadur
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Asadur no concello de Maceda (Ourense) | |
---|---|
Amedo | Asadur | Baldrei | O Campo | Celeirón | Coruxas | Outeiro do Cabo | Parada | Paradiña | A Parrocha | O Rial | Somoza |
Parroquias de Maceda
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Le Roux, P. (1996): "As ciudades da Gallaecia romana durante O alto Imperio", en Gerión, nº 14:363-379, Servicio de publicacións da Universidade Complutense de Madrid.
- ↑ Duro Peña, E. (1973): Archivos Leoneses, nº 54:309-365)
- ↑ Baixorrelevo de Asadur na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Delgado Gómez, J. e Rivas Quintas, E. (1991): "Un bajorrelieve visigótico en Asadur con la escena del Calvario", en Porta da Aira nº 4, pp. 9-22.