Celeirón, Asadur, Maceda
Celeirón | |
---|---|
Parroquia | Asadur |
Concello | Maceda |
Coordenadas | 42°17′16″N 7°36′33″O / 42.28777778, -7.60916667 |
Poboación | 15 hab. (2021) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Celeirón é un lugar do concello ourensán de Maceda, na parroquia de Asadur, integrado na comarca de Allariz - Maceda e depende do partido xudicial de Ourense. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[1] en 2021 tiña 15 habitantes, dos cales 7 eran homes e 8 eran mulleres, o cal supón unha diminución respecto do ano 2012, cando tiña 21 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Celeirón provén da palabra Celeiro, do latín cellarium, unha construción para almacenar gran.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Antiga
[editar | editar a fonte]Pobo prerromano dos Interamnicos
[editar | editar a fonte]Os primeiros poboadores dos cales se ten rexistro, son os interamnicos, un pobo prerromano da antiga Gallaecia. Unha lápida atopada na igrexa de Asadur, onde se ergueu o retablo sobre a gran lápida romana a Quinto Licinio, e nela a pedra de ara coa inscrición AEREDITARE. Onde a República dos interamnicos honraba a Quinto Licinio, que pertencía a Vectigalium, unha sociedade encargada da cobranza de impostos na época romana, segundo os estudos de Antonio Rodríguez Colmenero e de Elixio Rivas.[2]
Os interamnicos estaban incluídos no convento Bracarense, unha entidade administrativa romana da provincia Tarraconense, quedando rexistrado na columna conmemorativa da construción da ponte romana de Chaves, coñecida como o padrón dos pobos. Xunto aos Interamnicos, estaban os aquiflavienses, os avobriguenses, os bibalos, os coelernos, os equisios, os límicos, os nebisocos, os quarquernos e os tamaganos.[Cómpre referencia]
Vía Nova do Sector Salientibus
[editar | editar a fonte]A Vía Nova do Sector Salientibus, dispoñía dun paso obrigado en dirección ao Sector Praesidium, polo miliario de A Fontela en Foncuberta[3] e polo miliario na Eirexa en Tioira[4] ata unha cortadura nunha ladeira que coincide cos pobos de A Costa e Couzada, onde se bifurcaba ata Asadur, onde finalizaba e pola outra bifurcación cara Villariño Frío.[5] O tramo foi escollido o 10 de setembro de 2016 como unha andanada pola Fundación Aquae Querquennae, reivindicando a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.[6]
Idade Media
[editar | editar a fonte]Antigo mosteiro de monxas bieitas
[editar | editar a fonte]Nun muro da (actual) igrexa de Santa Mariña, atópase un baixorrelevo datado do século VII dunha representación do calvario.[7] Suponse que foi reutilizado na igrexa, e que pertencía ao mosteiro de touquinegras ou monxas bieitas, da familia de san Rosendo, dende o século X ata mediados do século XIV. Un documento conservado nun tombo do mosteiro de Celanova sitúa no ano 936 a dona Ximena, filla do rei Ordoño II de León.
No primeiro terzo do século XIII, tense constancia do primeiro Señor de Ambía, Don Paio Arias. Ata que en 1375 tense coñecemento que o mosteiro estaba despoboado, pasando a mans do cabido da catedral de Ourense.[8]
No ano 1586 don Antonio de Nóvoa e Lemos, conde de Maceda, comprou o couto de Asadur de mans de Filipe II, vinculando ao morgado de Maceda.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Fundación de Outeiro do Cabo
[editar | editar a fonte]En 1560 o papa Paulo V compra a parroquia de Santa Mariña de Asadur, sendo outorgada a Pedro Vázquez de Castro, Comisario do Santo Oficio, que funda os Outeiro do Cabo en Asadur. O mesmo tempo que funda Cas García e a Chaira de Vascós en Santiago da Costa. Na idade media, situábase unha delegación de xustiza, sendo un enclave de importancia nesa época.
Condado de Maceda
[editar | editar a fonte]En 1586 o conde de Maceda, don Antonio de Novoa e Lemos compra o conxunto de aldeas de Asadur, denominado en galego couto, da man de Filipe II, vinculándoo a Maceda, coñecido en galego como morgado.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]Censo de 1888
[editar | editar a fonte]O lugar de Celeirón contaba no ano 1888 con 69 habitantes en 24 edificios, 16 deles con planta baixa e primeiro e outros 8 de planta baixa, sendo a segunda máis poboada da parroquia de Asadur, por detrás do veciño lugar de Baldrei, con 84 habitantes, segundo a Biblioteca Dixital Hispánica.[9]
Minas de volframio
[editar | editar a fonte]No lugar encóntranse restos das minas abandonadas, onde se abastecían de volframio, usada para armamento na guerra civil e na segunda guerra mundial, xunto ás minas de Baldrei e a contorna. Extraeuse o metal dende o ano 1931 ata o ano 1965. O que permitiu ser os primeiros lugares onde se dispoñía de electricidade, xa que se precisaba para a extracción do metal. Todo o mundo podía contratala, aínda que non todo o mundo podía permitirse pagala.[10][11] Dende decembro de 2019 existe unha ruta neste lugar, impulsada polo Colegio Oficial de Geólogos entre outras once rutas xeolóxicas e mineiras de Galicia.[12] A ruta vén sendo coñecida dende a súa creación como ruta das minas de Baldrei e Os Milagros en Maceda.[13][14]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Asadur
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Asadur no concello de Maceda (Ourense) | |
---|---|
Amedo | Asadur | Baldrei | O Campo | Celeirón | Coruxas | Outeiro do Cabo | Parada | Paradiña | A Parrocha | O Rial | Somoza |
Parroquias de Maceda
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ "Santa Mariña de Asadur". Patrimonio Galego. Consultado o 2022-11-14.
- ↑ "Miliario II Foncuberta". Patrimonio Galego. Consultado o 2022-11-14.
- ↑ Xabier Moure, ed. (1 de xullo de 2014). "Miliario en Tioira". Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ cervantesvirtual.com (ed.). "Boletín de la Real Academia de la Historia. Vía Romana de Braga a Astorga por la provincia de Orense". Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ Laura Fernández (6 de setembro de 2016). "El “Aquis" aflora en As Conchas". La Región. Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ patrimoniogalego.net, ed. (4 de marzo de 2012). "Baixorrelevo de Asadur". Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ onosopatrimonio.blogspot.com (ed.). "Mosteiros e conventos de Galicia (Provincia de Ourense)". Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ BNE (ed.). "Censo 1888" (en castelán). Consultado o 2.outubro.2020.
- ↑ patrimoniogalego.net, ed. (8 de xullo de 2012). "Mina de volframio de Baldrei". Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ info.igme.es (ed.). "Fase previa de investigación de estaño y wolframio en la reserva de Maceda (Orense)" (PDF). Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ icog.es (ed.). "Rutas de las minas de oro romanas junto al río Miño. As Neves y Arbo". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ patrimonio.camaraminera.org (ed.). "Rutas de las minas de Baldrei y Os Milagros en Maceda" (PDF). Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ Wikiloc (ed.). "Ruta de senderismo polas minas" (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2020.