Asalto
Aparencia
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
No ámbito xurídico, o asalto[1] ou apoderamento ilexítimo ten por si un valor e un significado propio e inconfundible. Significa ocupación, aprehensión material dunha cousa, con ánimo de obter o dominio da mesma. Constitúe o despoxo da cousa, tomala con propósito de quitarlla a quen a ten no seu poder.
As distintas doutrinas acerca do alcance desta acción asígnanlle ao apoderamento un significado máis ou menos restrinxido:
- Teoría da "Attrectatio re": O apoderamento ilexítimo consúmase co simple tocamento da cousa por parte do suxeito activo.
- Teoría da "Apprehensio re": O apoderamento consúmase coa simple captación material da cousa por parte do suxeito.
- Teoría da "Amotio re": Consúmase o apoderamento coa simple remoción do sitio no cal o seu posuidor a mantiña.
- Teoría da "Ablatio re": Implica o traslado da cousa e quitala da esfera de vixilancia do posuidor, superando as medidas defensivas ou precautorias arbitradas por este.
- Teoría da "Locupletatio re": Ademais do desapoderamento da cousa (Ablatio re), a consumación necesita do aproveitamento da cousa por parte do suxeito activo. Pode ser de uso ou patrimonial.
- Teoría da "Illatio re": Por último, é necesario o resguardo da cousa, é dicir, levala ao lugar de destino tido en vista polo autor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para asalto.