Ascensores de Txurdinaga-Basarrate
Aparencia
Os ascensores de Txurdinaga-Basarrate son dous ascensores situados na rúa Marqués de Laurencín, en Bilbao.
Historia
[editar | editar a fonte]O Concello de Bilbao inaugurounos o 12 de decembro de 2018. Estes ascensores inclinados conectan en Santutxu o polideportivo de Txurdinaga coa parque de Basarrate e salvan a diferenza de altura entre as rúas Cocherito de Bilbao e Iturriaga:[1]
- O ascensor superior inicia o percorrido na rúa Iturriaga. Chega até a intersección da rúa Marqués de Laurencín coa rúa Guinea Anselmo Pintor. Conta cunha parada intermedia.
- O ascensor inferior sitúase do lado dos números impares da rúa Guinea Anselmo Pintor, no cruzamento coa rúa Marqués de Laurencín, até o cruzamento coa rúa Cocherito de Bilbao.
Medios de transporte
[editar | editar a fonte]Xunto o ascensor superior atópanse o elevador e o acceso principal á estación de Basarrate do Metro de Bilbao.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dos nuevos ascensores conectan el polideportivo de Txurdinaga y Basarrate". Deia (en castelán) (Bilbao). 12 de decembro de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ascensores de Txurdinaga-Basarrate |