Asdrúbal Ferreiro Cid
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Xunqueira de Ambía, España |
Morte | 29 de marzo de 1983 (87/88 anos) Sanxenxo, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Premios | |
Asdrúbal Ferreiro Cid, nado en Xunqueira de Ambía en 1895 e finado en Sanxenxo o 29 de marzo de 1983[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Aquilino Ferreiro e Purificación Cid Pérez de Castro.
A súa obra de 1925 Datos para un ensayo de autonomía administrativa de Galicia foi empregada por Alexandre Bóveda para a cuestión económica na redacción do Estatuto de Galicia de 1936.
Foi director xeral do Tesouro, director xeral de Usos e Consumos, director xeral de Crédito á Construción, vicepresidente de Iberia[2] e vicepresidente de Estaleiros de Cádiz. Foi condecorado coa Medalla ao Mérito ao Traballo e a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
Obras
[editar | editar a fonte]- Datos para un ensayo de autonomía administrativa de Galicia, 1923.
- Derecho procesal recaudatorio (con Hipólito Rossy e Antonio Pérez Morillo), 1944.
- Episodios regionales (lucha por las libertades populares en la España de la Edad Media) (con Rafael Gibert y Sánchez de la Vega), 1976.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Asdrúbal Ferreiro Cid, ex director general del Tesoro". El País. 30 de marzo de 1983.
- ↑ "D. Asdrúbal Ferreiro". EL Pueblo Gallego. 12 de xullo de 1953. p. 3.