Asma Mohamed Abdallá
Nome orixinal | (ar) أسماء محمد عبدالله |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1946 (77/78 anos) Khartún, Sudán |
Minister of Foreign Affairs (en) | |
8 de setembro de 2019 – 9 de xullo de 2020 | |
Ministra de Relacións Exteriores | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Cartum (pt) Universidade de Syracuse |
Actividade | |
Ocupación | política, diplomática, funcionaria pública |
Asma Abdallá ou Asma Mohamed Abdallá (tamén coñecida como: Asmaa, Abdallah, Abdullah; en árabe: أسماء محمد عبدالله ), nada en Khartún en 1946, é unha diplomática sudanesa.[1][2][3] Desde o 8 de setembro de 2019 é a ministra de Asuntos Exteriores do Sudán no gabinete do primeiro ministro Abdalla Hamdok, durante a transición sudanesa de 2019 á democracia. É a primeira muller en asumir o posto de Ministra de Exteriores na historia do Sudán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Abdalla naceu en Khartún en 1946. Estudou Economía e Ciencias Políticas na Universidade de Khartún e tras graduarse en 1971 foi unha das tres mulleres pioneiras en incorporarse como embaixadoras no Ministerio de Asuntos Exteriores xunto a Fatima Albeeli e Zainab Abdlkareem.[4][5] Ten tamén unha mestría en relacións internacionais pola Universidade de Siracusa.
Representou ao seu país en diversos foros africanos e europeos incluídas as misións diplomáticas sudanesas en Estocolmo, Oslo e Rabat.[5] En 1990 tralo golpe de estado sudanés de 1989 que levou a Omar al-Bashir ao poder, foi despedida do seu cargo como Ministra Plenipotenciaria e Subdirectora do departamento das Américas do Ministerio de Asuntos Exteriores.[6][4]
Foi perseguida e hostigada polo réxime de Bashir e exiliouse a Marrocos onde traballou na secretaría da organización Árabe para a defensa contra o crime en Rabat, despois na secretaría xeral dos ministros de traballo árabes en Rabat e na Organización Islámica para a Educación, a Ciencia e a Cultura (ISESCO).[5] Nos últimos anos do goberno da al-Bashir regresou a Sudán e creou unha oficina de tradución con varios diplomáticos que foran tamén despedidos.[4]
2018-19 protestas sudanesas
[editar | editar a fonte]Durante as protestas no Sudán de 2018-19, Abdallá uniuse ás Forzas da Liberdade e o Cambio (FFC) aproveitando a súa experiencia no traballo diplomático para o movemento revolucionario do país participando no Grupo de Traballo de Política Exterior. Promoveu as demandas do movemento popular en diversos foros internacionais.[4]
Ministra de Asuntos Exteriores
[editar | editar a fonte]Abdallá non estaba na lista inicial de candidatos a carteiras ministeriais, con todo o primeiro ministro Abdalla Hamdok preferiuna a outros candidatos polo seu papel na oposición ao goberno de al-Bashir, o seu apoio ás protestas reclamando un cambio político e a súa experiencia diplomática. Abdallá converteuse así na primeira muller ministra de Asuntos Exteriores do Sudán o 8 de setembro de 2019 no Gabinete de Transición da transición sudanesa de 2019 á democracia.[2] No mundo árabe é a terceira ministra de Asuntos Exteriores, precedida por dúas ministras de Mauritania.[4]
Entre os seus obxectivos prioritarios de traballo como ministra ten o reto de levantar as sancións dos Estados Unidos sobre Sudán pola crise de Darfur e por acoller durante un tempo ao líder de Al Qaeda Osama Bin Laden.[4]
Outras tres mulleres forman parte do primeiro gabinete de transición: a activista Wala'a Essam al-Boushi, Ministra de Mocidade e Deportes, Lena el-Sheikh Ministra de Traballo e Desenvolvemento Social e a profesora de arqueoloxía Intisar el-Zein, Ministra de Educación Superior.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jamal, Isalam. "Hamdouk approves several candidates for the transitional cabinet | SudanDaily" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Prime Minister Hamdouk presents new Sudanese government" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ "Women take prominent place in Sudanese politics as Abdalla Hamdok names cabinet" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 BBC. "أسماء عبدالله: فصلها البشير من العمل الدبلوماسي فعادت وزيرة للخارجية".
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Who Are The Four Women In PM Hadok’s Cabinet| Sudanow Magazine". Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ "Hamdok announces first post-Bashir era government in Sudan - Sudan Tribune: Plural news and views on Sudan". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2019.