Asmae El Moudir
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1990 (34 anos) Salé, Marrocos (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Marrocos |
Educación | Abdelmalek Essaâdi University (en) |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema , produtora , guionista , documentalista |
Participou en | |
Festival de Cannes 2023 (pt) | |
Asmae El Moudir (árabe: أسماء المدير), nada en Salé o 16 de febreiro de 1990,[1] é unha guionista, produtora e directora de cine marroquí.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]El Moudir cursou un mestrado en Cinema Documental na Universidade Abdelmalek Essaâdi de Tetuán, e outro de Produción Cinematográfica no Instituto Superior da Información e a Comunicación de Rabat.[3] Tamén estudou en La Fémis, en París. En 2010, graduouse en Dirección de Cine pola Academia do Cinema de Marrocos.
Tras dirixir varias curtametraxes, El Moudir estreou a súa primeira película, Kadib Abyad (2023).[4]
El Moudir traballou en diversos documentais para SNRT, Al Jazeera Documentary, a BBC ou Al Araby TV. Recibiu múltiples galardóns nacionais e internacionais, e participou en varios festivais de cine.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gran Premio do Festival Internacional de Cinema de Mulleres de Toronto (2021).
- Gran Premio do Festival de Cinema IsReal de Nuoro (2021).[5]
- Premio de dirección e Gran Premio do Festival de Cinema Documental El-Ayoun (2019).[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- La Dernière balle ("A derradeira bala", 2010)
- Les couleurs de silence ("As cores do silencio", 2011).
- Thank God It's Friday ("Grazas a Deus que é venres", 2013).
- Rough Cut (2015).
- Harma (2016).
- Guerre oubliée ("A guerra esquecida", 2019).
- Fi zaouiyati oummi في زاوية أمي ("A postal", 2020).
- Kadib Abyad ("A nai de tódalas mentiras", 2023).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "16 fèvrier". www.instagram.com. Consultado o 2024-05-16.
- ↑ Guisser, Salima (2020-01-07). "Asmae El Moudir, une réalisatrice qui préfère varier les ateliers d’écriture". Aujourd'hui le Maroc (en francés). Consultado o 2024-05-16.
- ↑ Bennani, Ouafaa (2021-04-26). "Asmae El Moudir reçoit le Prix du meilleur documentaire". Le Matin.ma (en francés). Consultado o 2024-05-16.
- ↑ MATIN, LE (2021-08-05). "«Le mensonge originel» d’Asmae El Moudir sélectionné pour la 9e édition de Final Cut in Venice". Le Matin.ma (en francés). Consultado o 2024-05-16.
- ↑ "“The Mother of All Lies” by Asmae El Moudir selected for the 9th edition of Final Cut in Venice - Moroccan Ladies". web.archive.org. 2022-10-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2022. Consultado o 2024-05-16.
- ↑ "مهرجان العيون يتوج “الحرب المنسية” بالجائزة الكبرى". الجزيرة الوثائقية (en árabe). Consultado o 2024-05-16.