Asociación Amigos da Cultura
Asociación Amigos da Cultura | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 1967 |
Fundador(es) | Agustín Portela Paz |
Sede | Pontevedra |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación Amigos da Cultura é unha asociación de ámbito galego creada por Agustín Portela Paz en 1967 na cidade de Pontevedra, mais non entrou a funcionar até o ano 1968 por presións das autoridades políticas[Cómpre referencia]. Continúa en funcionamento e colabora con diversas promocións culturais, como a recuperación da Festa dos maios, que se veñen celebrando desde o ano 1969.
Actividades Culturais
[editar | editar a fonte]Premio de Economía e Socioloxía de Galiza Alexandre Bóveda
[editar | editar a fonte]O Premio Alexandre Bóveda tiña como tema a referencia de calquera aspecto da Economía e Socioloxía de Galicia, cuxo idioma a empregar era o galego e os premios eran de cincuenta mil pesetas e metálico e dúas mencións honoríficas, coa obriga de edición por parte da Asociación Amigos da Cultura en editoriais galegas. A presentación dos orixinais era obrigatoria, por triplicado e o formato tiña que ser en folios medida holandesa a dobre espazo, a cal non podía ser inferior a 70 holandesas, cadros ou datos á parte. Os traballos remesaranse á Asociación Amigos da Cultura e non podían levar firma nin mención do autor, senón que se distinguían cun lema. Nun sobre á parte, figuraría no seu exterior o lema do traballo, o nome do autor ou autores, enderezo e nacionalidade. Todos os comunicados relacionados co fallo do xurado eran a nome do firmante. O xurado estaba integrado por personalidades de recoñecido prestixio elixidos pola Asociación Amigos da Cultura. O secretario do xurado era un representante da asociación que non tiña voto mais era o portavoz.
Amigos da Cultura reservábase o dereito de publicar as monografías premiadas en opción preferente durante o prazo de 18 meses, contado a partir da data de comunicación oficial do fallo do xurado. As condicións do contrato ou contratos que se establecían entre as partes, no seu caso, axustábanse ás normas dispostas polo Instituto Nacional do Libro Español (INLE), non perdendo a propiedade intelectual o autor ou autores sobre os traballos premiados.
Finalidade do Premio
[editar | editar a fonte]O premio buscaba promover o estudo e investigación de materias relacionadas á Economía e Socioloxías galegas. Asociación Amigos da Cultura buscaba contribuír a fortalecer a identidade colectiva do pobo galego servindo de canle á reflexión e convidando a continuar o camiño, coa esperanza de acadar a independencia da patria galega como fin último.
Algúns premiados
[editar | editar a fonte]- 1978 Somente hai unha patria galega, por Ramón Barral Andrade.
- 1979 Ensino preescolar galego, por Xurxo Torres Santomé e Montse Erauskin Salazar.
- 1990 Ao lonxe Ourense, por Anselmo López Carreira.
- 1991 O monte na Galiza. A súa historia, os seus números, unha política, por Xaquín Fernández Leiceaga.
- 1993 O nacionalismo galego e o future do nacionalismo, por Basilio García Pérez e Alvaro X. López Mira.
Actividades Organizadas e Colaboracións
[editar | editar a fonte]Colaboracións co Casino Mercantil e Industrial
[editar | editar a fonte]- Iª xeira de conferencias sobre Economía e Socioloxía de Galicia:
O goberno da Galicia rural: as súas institucións, por Xosé Gonzalo de la Huerga Fidalgo, celebrada na Sala de Actos do Casino Mercantil e Industrial o día 25 de abril de 1974.
Actividades en colaboración coa fundación Caixa Rural
[editar | editar a fonte]- Mesa redonda sobre Os Montes comunáis ou de vecinos de Galicia, celebrada no Salón de Actos da Caixa Rural o día 21 de febreiro de 1975, como acto inaugural da 2ª xeria de conferencias sobre a Economía e Socioloxía de Galicia. Na mesa participaron Ramón Carballal Pernas, Claudio Movilla Álvarez, Xosé Luis Rodríguez Paeo, Roberto Taracio Peiteado, Carlos Martínez Alonso, Manuel Lorzo Diéguez e Mario Orxales Pita.
- Mesa redonda conmemorativa A muller en Galicia, co galo do Ano Internacional da Muller, o 17 de abril de 1975 na Sala de Actos da Caixa Rural. Participaron como membros da mesa María Xosé Queizán, María Camiño Noia e María Mercés Suárez.
- Conferencia en col de Emigración e industrialización na Galicia actual, por Camilo Nogueira Román, celebrada na Sala de actos da Caixa Rural, o 15 de maio de 1975.
- 3ª Conferencia conmemorativa do 25º aniversario da morte de Castelao: Castelao, escritor, por Ricardo Carballo Calero, na Sala de actos da Caixa Rural, o 19 de decembro de 1975.
Actividades en colaboración con edicións Xerais de Galicia
[editar | editar a fonte]- Publicación Hidromel, creada no ano 1980 en Pontevedra por Adolfo Caamaño.
Actividades en solitario
[editar | editar a fonte]- Publicación do boletín A histórica desfeita de Pontevedra (1978-1985), no que se critica a finalidade das obras públicas realizadas na cidade durante ese anos, que estaba a destruír o Patrimonio Histórico-Artístico das Palmeiras e Alameda, a reforma do Teatro Principal e o Liceo Casino de Pontevedra tras o incendio que sufriron, que están situadas no mesmo edificio.
- Os boletíns de difusión cultural, guías culturais-turísticas da cidade de Pontevedra e as comarcas circundantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Francisco Rodríguez Iglesias: Galicia: Historia
- Basilio García Pérez e Álvaro López Mira: O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo
- ADRA, revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, nº 8, 2013.