Ramón Carballal Pernas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 A Habana, Cuba |
Morte | 14 de setembro de 1982 (60/61 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xuíz, escritor, maxistrado |
Membro de | |
Ramón Carballal Pernas, nado na Habana en 1921 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1982,[1] foi un xuíz e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Cuba, fillo de pais galegos. Retornaron a Galicia en 1926. Estudou Dereito na Universidade de Madrid. Ingresou na carreira xudicial en 1947. Foi xuíz na Fonsagrada, Chantada, Betanzos e Ferrol. Foi nomeado maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña en 1963, ocupando o cargo ata a súa morte.
Presidiu a Sección de Dereito Penitenciario do V Congreso Iberoamericano e Filipino de Dereito Penal e Penitenciario, e foi secretario da Comisión de Estudos do I Congreso de Dereito galego. Membro correspondente do Instituto Español de Dereito Procesal, formou parte do consello de redacción das revistas Foro Gallego e Jurisdicción Contencioso-Administrativa. Foi conferenciante sobre xustiza, sociedade, literatura e relixión.
Obras
[editar | editar a fonte]Publicou traballos xurídicos en revistas especializadas. Escribiu poesía en galego e en 1974 acadou a “Flor Natural” nos Xogos Florais de Oleiros.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Cruz Distinguida de San Raimundo de Peñafort, 1963.
- Cruz de Honra e o Gran Colar de San Raimundo de Peñafort a título póstumo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 15-9-1982, p. 46.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ciencia xurídica e galeguismo. Ramón Carballal Pernas. A Coruña: Pio Garcia. 2012. ISBN 978-84-9812-175-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ramón Carballal Pernas en galegos.info