Saltar ao contido

Universidade de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Madrid

Tipouniversidade, entidade desaparecida, universidade pública e institución educativa universitaria Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°25′N 3°43′O / 40.42, -3.71
Datas
Fundación29 de xullo de 1943 Editar o valor en Wikidata
Demolición1970 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesBNE: XX245000
Wikidata ]
Discurso de Manuel José Quintana en el día de la instalación de la Universidad Central de Madrid (07-11-1822).
Discurso de Manuel José Quintana no día da instalación da Universidade Central de Madrid (07-11-1822).

Universidade de Madrid ou Universidade Central foron os nomes que tomou a Universidade de Madrid cando se pechou a Universidade de Alcalá, e os seus estudos foron trasladados á cidade de Madrid, a mediados do século XIX. Mediante Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse o comezo do traslado a Madrid dos estudos. A universidade de Madrid denominouse nun principio Universidade Literaria e en 1851, Universidade Central.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A Universidade Central ten a súa orixe na mentalidade renovadora liberal que pretendía dar fin aos ensinos tradicionais nas universidades do Antigo Réxime. Nun primeiro momento instalouse no edificio do Seminario de Nobres da rúa Princesa, pasando posteriormente ao Convento das Salesas Nuevas na rúa de San Bernardo. En 1842 confirmouse o antigo Noviciado de Xesuítas como o asentamento definitivo da Universidade Central de Madrid; na actualidade, este edificio alberga o Instituto de España, o organismo que reúne as Reais Academias. O primeiro proxecto de adaptación do Noviciado ao seu novo uso como Universidade Central foi de Francisco Javier Mariategui; tras a súa morte foi substituído por Narciso Pascual y Colomer, a quen se debe a realización do Paraninfo, construído en 1852 aproveitando os muros da antiga igrexa das xesuítas.

Dende a lei Moyano (1857) esta universidade foi a única autorizada en España para dar o título de doutor, ata que en 1954, foi concedida esta potestade á Universidade de Salamanca, tras a celebración do seu VII centenario, e posteriormente ao resto das universidades españolas da época.

En 1973, as Escolas Técnicas de Grao Superior e de Grao Medio de Arquitectura e Enxeñaría desta universidade xunto con outros centros superiores dependentes dos ministerios de Defensa, Industria e Obras Públicas uníronse para formar a Universidade Politécnica de Madrid.

Estando a súa orixe na desmantelación da Universidade de Alcalá de Henares e o traslado dos seus estudos a Madrid déuselle, oficiosamente durante o franquismo, o nome de Universidade Complutense de Madrid e legalmente máis tarde, cando se fundou, cara a 1968, a Universidade Autónoma de Madrid.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]