Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega
Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1905 |
Fundador(es) | Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal |
País | Cuba |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega foi unha asociación fundada co obxectivo de crear unha Academia Galega para promocionar a lingua galega[1].
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse en xuño de 1905 na Habana por iniciativa de Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal a raíz da reprodución dun artigo de Manuel Murguía, "Diccionario de la lengua gallega (Necesidad de su formación y publicación)" na revista Galicia o 2 de abril de 1905 e a réplica de Nan de Allariz afirmando que non existía un patriotismo galego pola falta de fervor rexionalista do pobo galego, o que produciu unha reacción na emigración galega que fixo que nese mes se constituíse unha xestora para fundar un órgano que codificase a lingua e na que participaban os máximos dirixentes do Centro Gallego, do orfeón Ecos de Galicia, da Beneficiencia de Naturales de Galicia e membros da xa desaparecida La Peña Gallega.
En 1917 tiña 433 socios e en 1923 tiña 120 asociados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reglamento de la Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (1905)". Real Academia Galega. 13 de xuño de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Santiago, Marcelino Xulio (2008). "Asociacionismo gallego en América, 1871-1960". El asociacionismo en la emigración española a América (PDF) (en castelán). UNED. pp. 199–233. ISBN 978-84-936871-0-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2018.
- García Turnes, Beatriz (1999). "Cultivo e elaboración da lingua galega no período da restauración (1875-1916)". Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero 1. USC. pp. 435–453. ISBN 84-8121-806-5.
- Risco, Vicente (1976). Manuel Murguía. Conciencia de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 20–21. ISBN 84-7154-243-9.