Saltar ao contido

Asociación de Agricultores de Santa María de Sada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Agricultores de Santa María de Sada
Tiposindicato
Data de fundación12 de setembro de 1908
SedeSada
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]


A Asociación de Agricultores de Santa María de Sada é a primeira agrupación agrarista sadense da que se ten coñecemento. Fundada o 12 de setembro do 1908 na casa de Juan Agra, no Tarabelo, estaba ligada ao movemento solidario que, a través de Solidaridad Gallega, impulsaran Manuel Lugrís Freire, Eugenio Carré Aldao ou Juan Vázquez de Mella.

Directiva[editar | editar a fonte]

A primeira directiva, elixida o día da súa fundación, estaba composta por Gonzalo Pita da Veiga (Presidente Honorario), Fernando Gómez Pereiro (Vicepresidente), Manuel Arévalo Illobre (Secretario), Antonio Sanjurjo Pérez (Vicesecretario), Domingo Guitián Rodríguez, Manuel Lesta Horro, Manuel Mantiñán Caño, Ramón Suárez Mariñas, Antonio Vázquez Rodríguez, Antonio Rodríguez Salleres, Santiago Rey Incógnito, Ignacio Suárez Franco, José Antonio Suárez Salinas, Benito Montero Sánchez, José Chas Varela, Manuel Galán Martínez e Juan Agra (vocais). Ademais, exercían de "representantes en la Región" Víctor Naveira Pato, Juan Golpe Varela, Julio Romay Rodríguez e Manuel Lugrís Freire.

Actividade[editar | editar a fonte]

Hai constancia da celebración dun mitin "solidario" nese mesmo ano, no que interviu, entre outros, o sadense Manuel Lugrís Freire.