Asociación folklórica e cultural Orballo
Asociación folklórica e cultural Orballo | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 1979 |
Sede | Pontedeume |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.orballo.org/?page_id=99 | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación folklórica e cultural Orballo é unha asociación cultural de Pontedeume que centra as súas actividades na recuperación e espallamento de festas, danzas e tradicións de Pontedeume e comarca, con referencia ao patrimonio lingüístico, antropolóxico e cultural galego, e a súa difusión e defensa do idioma galego. É membro da Federación de Asociacións de Coros e Danzas de España, FACYDE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1979 e desde entón mantén unha escola de baile. En 1982 sumáronselle as escolas de gaita e pandeireta. Froito destas tres escolas son os grupos de baile, que xa teñen actuado en Galicia, no resto de España (Madrid, Zaragoza, Asturias) e Europa (Portugal, Francia, Suíza, Italia), o grupo de gaitas, e o grupo de pandeiretas chamado Ardora que busca a recompilación de cancións populares antigas e se recoñecen polo uso de antigos instrumentos coma son culleres e pandeiros, amais da pandeireta.
No repertorio dos distintos grupos inclúense todo tipo de danzas, música e cancións do folclore galego tradicional. Teñen un vestiario de gran vistosidade con algúns traxes elaborados con teares orixinais de principios do século XX e deseñados seguindo as tradicións máis antigas da comarca eumesa. No ano 1985, e tras dous anos de investigación, recuperan a Danza de Arcos ou do Biouteiro, que se bailaba ata principios do século pasado.
En febreiro de 2013 a asociación publicou un disco feito por membros da asociación[1].
As compoñentes do grupo Faltriqueira formáronse en Orballo.
Actividades
[editar | editar a fonte]As principais actividades organizadas pola asociación son o Día da Muiñeira desde 1984 e o Festival Folklórico Internacional desde 1988. Neste festival participaron desde o seu inicio grupos folclóricos de tódolos continentes.
Outras actividades son a Festa da Cabaza, o Magosto, o Día da Árbore e a celebración do Día das Letras Galegas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web de Orballo.
- Artigo sobre Orballo no libro das Festas das Peras do ano 2008. DL 3141-2008.