Saltar ao contido

Astereae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astereae

Aster
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Astereae
Xéneros

Ver texto.

Astereae é unha tribo de plantas con flores pertencente á subfamilia Asteroideae dentro da familia Asteraceae.

A tribo inclúe plantas anuais, bienais, perennes, subarbustos, arbustos e árbores. As plantas da tribo, que están presentes case todo o mundo, están divididas en 170 xéneros e máis de 2800 especies. Atópanse principalmente nas rexións temperadas do mundo[1]

A taxonomía da tribo Astereae cambiou drasticamente despois de que probas morfolóxicas e moleculares suxeriran que os grandes xéneros, tales como Aster, así como moitos outros, debían ser separados en varios xéneros ou cambiados para reflectir mellor as relacións das plantas. Un documento emitido por R.D.Noyes e L.H.Rieseberg[2] demostrou que a maioría dos xéneros dentro da tribo que se encontran en América do Norte en realidade pertencen a un só clado, o que significa que teñen un antepasado común. Isto coñécese como o clado de América do Norte. Guy L. Nesom e Harold E. Robinson foron dous dos máis importantes taxonomistas que participan nos traballos recentes e seguen a reclasificación dos xéneros dentro da tribo en todo o mundo.[1]

Ten as seguintes subtribos.:[3]

  1. 1,0 1,1 Brouillet, Luc; Barkley, Theodore M.; Strother, John L. Oxford University Press, ed. "187k. Asteraceae Martinov tribe Astereae Cassini". Flora of North America (New York & Oxford) 20: 3, 20, 23, 39, 78, 102, 108, 257. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2021. Consultado o 2008-06-12. 
  2. Richard D. Noyes and Loren H. Rieseberg (1999). "ITS sequence data support a single origin for North American Astereae (Asteraceae) and reflect deep geographic divisions in Aster s.l.". American Journal of Botany 86: 398–412. PMID 10077502. doi:10.2307/2656761. 
  3. Subtribos en UNM Herbarium, Museum of Southwestern Biology, Department of Biology, University of New Mexico, Albuquerque, USA - 2006

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]