Asteroideae
Asteroideae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cosmos bipinnatus Tribo: Coreopsideae | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Tribos | |||||||||||||
Ver texto. |
Asteroideae é unha subfamilia de anxiospermas pertencente á familia Asteraceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son herbas ou arbustos, máis raramente árbores, ás veces epífitas ou acuáticas, perennes ou anuais. As follas son alternas ou opostas, enteiras pero ás veces moi divididas e nunca espinosas. Os capítulos son homos ou heterógamos, con receptáculos anudados ou paleáceos. As flores, en número de 1 a moitas, todas flosculadas ou as centrais flosculadas e as periféricas liguladas, ou moi raramente todas liguladas ou coas externas bilabiadas. As cipselas, glabras ou peludas, teñen ou non papo e, cando están presentes, está composta por escamas ou cerdas, ou poden ter forma de coroa ou ser heteromórficas.[1]
Distribución
[editar | editar a fonte]Cosmopólita, excepto no Antártico.[1][2]
Subdivisións
[editar | editar a fonte]Con 1135 xéneros e máis de 16.000 especies, esta é a subfamilia con maior riqueza das Compuestas. Os seus membros, de distribución cosmopolita, non presentan látex, os capítulos son heterógamos, con flores tubulosas con lóbulos inconspicuos e flores liguladas frecuentemente con tres lóbulos. As áreas estigmáticas atópanse dispostas en dúas candas marxinais. Os xéneros con maior riqueza de especies son Senecio (1000), Eupatorium sensu lato (1200, 40 en sentido estrito), Helichrysum (600), Artemisia (550), Mikania (430), Baccharis (400), Verbesina (300), Ageratina (290), Bidens (235), Stevia (235), Anthemis (210), Erigeron (200), Pentacalia (200), Aster (180), Viguiera (180), Chromolaena (165), Gnaphalium (150), Solidago (150), Tanacetum (150), Olearia (130), Seriphidium (130), Ligularia (125), Achillea (115), Coreopsis (115), Anaphalis (110), Brickellia (110), Calea (110), Blumea (100), Koanophyllum (110), Euryops (100), Pectis (100) e Wedelia (100).[2] Recoñécense 3 supertribos dentro desta subfamilia: Senecionodae, Asterodae e Helianthodae.[3][4][5]
Inclúe 20 tribos:
Tribo Anthemideae
Tribo Astereae
Tribo Athroismeae
Tribo Bahieae
Tribo Calenduleae
Tribo Chaenactideae
Tribo Coreopsideae
Tribo Eupatorieae
Tribo Feddeae
Tribo Gnaphalieae
Tribo Helenieae
Tribo Heliantheae
Tribo Inuleae
Tribo Madieae
Tribo Millerieae
Tribo Neurolaeneae
Tribo Perityleae
Tribo Polymnieae
Tribo Senecioneae
Tribo Tageteae
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 KadereIt J.W. & Jeffrey C. The Families and Genera of Vascular Plants, Editado por K. Kubitzki, VIII Flowering Plants, Eudicots, Asterales
- ↑ 2,0 2,1 Stevens, P. F. (2001 en adiante). "Asteraceae". Angiosperm Phylogeny Website. Versión 7, maio de 2006 (en inglés). Consultado o 04-28-2008.
- ↑ Robinson, H. 2004. New supertribes Helianthodae and Senecionodae, for the subfamily Asteroideae (Asteraceae). Phytologia 86: 116-120.
- ↑ Robinson, H. 2005. Validation of the supertribe Asterodae. Phytologia 87: 72-88.
- ↑ "Asteroideae". Tree of Life Web Project (en inglés). 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 04-28-2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Asteroideae |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asteroideae |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://tolweb.org/Asteroideae/27898 Arquivado 27 de xullo de 2016 en Wayback Machine.