Atelecyclus undecimdentatus
Dormiñón común Atelecyclus undecimdentatus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Atelecyclus undecimdentatus é unha especie de caranguexo da familia Atelecyclidae.[1][2][3] Como nome común ten o de durmiñón,[4] dormiñón ou dormiñón común.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]O corpo deste caranguexo é bastante peludo, cunha cor crema pálida, con marcas púrpuras pola carapa. A carapa ten unha textura lisa e un bordo de longos peliños. É máis ancho que longo, medrando até 5 cm longo e 6,3 cm de ancho. As marxes laterais poteriores converxen fortemente.[6]
Atelecyclus undecimdentatus está a miúdo moi sucio, o que pode alterar a súa aparencia. Ten unhas antenas curtas, sendo só sobre un cuarto da lonxitude da carapa. As pinzas son similares, con pencas negras. Ambas máis as patas teñen moitos peliños.[6]
Este caranguexo é ás veces cofundido co Atelecyclus rotundatus. Con todo, Atelecyclus rotundatus distínguese por ser a súa carapa máis estreita e máis lisa.[7]
Distribución
[editar | editar a fonte]Esta especie atópase nas costas do océano Atlántico, pola Canle da Mancha, e raramente no mar Mediterráneo.[6]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Atelecyclus undecimdentatus normalmente vive en augas ao redor de 30 metros de profundidade, nos fondos de xabre, ás veces baixo rochas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Charles Fransen & Michael Türkay. "Atelecyclus undecimdentatus (Herbst, 1783)". World Register of Marine Species. Consultado o 27 de maio de 2012.
- ↑ "Atelecyclus undecimdentatus - Marine Life Encyclopedia". Habitas.org.uk. Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ "Photo of Atelecyclus undecimdentatus - # - Arthropod biology". European Marine Life. Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ Definición de Atelecyclus undecimdentatus no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 security. "DORIS - FFESSM - Biologie et plongée - Faune et flore sous-marines et dulcicoles". Doris.ffessm.fr. Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ "The Marine Life Information Network". MarLIN. Consultado o 18 de xullo de 2012.