Saltar ao contido

Atentado de Niza de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atentado de Niza de 2016

Tipoasasinato masivo, ataque con vehículo, atentado terrorista e masacre Editar o valor en Wikidata
Parte deterrorismo en Francia e terrorismo islámico en Europa Editar o valor en Wikidata
Localización
Coordenadas43°41′28″N 7°14′51″L / 43.691111111111, 7.2475
LocalizaciónPaseo dos Ingleses Editar o valor en Wikidata
Unidade AdministrativaNiza Editar o valor en Wikidata
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
Data
Data14 de xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata
Características
Obxectivocivil Editar o valor en Wikidata
Causado porextremismo islámico Editar o valor en Wikidata
Causa deinternational reactions to the 2016 attack in Nice (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Armamentoarma de fogo Editar o valor en Wikidata
Implicados
PerpetradorMohamed Lahouaiej-Bouhlel Editar o valor en Wikidata
No implicados
No feridos434 Editar o valor en Wikidata
No mortes87 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Paseo dos Ingleses de Niza, onde ocorreu o ataque.

O atentado de Niza de 2016 foi un ataque terrorista que tivo lugar na cidade francesa de Niza o 14 de xullo de 2016, cando un camión pasou por riba, sobre as 22:40, dunha multitude que estaba festexando o Día Nacional de Francia, no paseo dos Ingleses, moi preto do Hotel Negresco. O condutor do camión foi abatido pola policía, despois de percorrer uns 2 quilómetros e disparando ó mesmo tempo. Até o de agora hai 84 mortos e máis de 200 feridos.[1][2] Segundo Nice Matin, un xornal local, producíronse escenas de pánico entre a poboación, que comezou a correr en tódalas direccións. As forzas da orde, militares incluídos, estabeleceron un perímetro de seguridade.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Dende 2012, Francia está baixo a sombra do terrorismo islamista. Redadas na busca de terroristas son a resposta á ameaza que fixo en 2015 o grupo Estado Islámico (tamén coñecido como ISIS ou Dáesh): "A Francia quédalle moito por sufrir".

  • En marzo de 2012 tivo lugar o primeiro ataque terrorista de Francia. Neste atentado, un francés de orixe alxeriano, Mohammed Merah, asasinou catro persoas nunha escola xudía de Tolosa. Despois de fuxir, a policía acurralouno nun apartamento da cidade e foi abatido nun tiroteo.
  • En xaneiro de 2015, produciuse un dos atentados con máis repercusión: uns encarapuchados entraron na sede da revista satírica Charlie Hebdo e asasinaron 12 persoas. Foron identificados como os irmáns Kouachi e foron abatidos logo de agocharse nunha imprenta.
  • En novembro de 2015, 130 persoas morreron e cando menos 300 resultaron feridas polos atentados no teatro Bataclan (90 mortos); no restaurante Le Petit Cambodge; o local Belle Équipe; o bar Le Carrillon e o Boulevar Fontaine. Dos nove terroristas que participaron no ataque, sete inmoláronse. Os dous que sobreviviron foron detidos tempo despois en Bruxelas.
  • En xuño de 2016, un policía e a súa muller foron asasinados a coiteladas en Niza, nun ataque reivindicado por Daesh.

En 2015, despois do ataque do Charlie Hebdo, Francia radicalizou a súa postura contra o terrorismo e enviou un portaavións para axudar á coalición a bombardear posicións de ISIS.

Estado de emerxencia

[editar | editar a fonte]

Dende os atentados de novembro de 2015, Francia atópase en estado de emerxencia. A mañá do 14 de xullo de 2016, só unhas horas antes do atentado de Niza, o presidente de Francia François Hollande afirmou que poría fin ó estado de emerxencia unha vez rematado o Tour de Francia o 26 de xullo de 2016.[3] Porén, despois do atentado, declarou que o mantería tres meses máis.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]