Ati Quigua
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1980 (44 anos) Serra Nevada de Santa Marta, Colombia |
Educación | Universidade Externado de Colombia Universidade do Rosario |
Actividade | |
Ocupación | política, consultora, activista, líder amerindia |
Ati Seygundiba Quigua, nada en Jewrwa (Serra Nevada de Santa Marta) o 28 de abril de 1980, é unha activista, política ambientalista e pacifista indíxena colombiana, pertencente ó pobo arhuaco e coñecida como Ati Quigua.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É administradora pública e magister en Goberno e políticas públicas. O 3 de xaneiro de 2004 converteuse na primeira concelleira indíxena de Colombia e posteriormente na primeira muller indíxena na vicepresidencia do Concello de Bogotá, dende 2004 até 2011. No seu traballo político priorizou a creación dunha "cultura da auga" a través dun Estatuto da auga para Bogotá e a defensa do patrimonio ambiental, a soberanía alimentaria e o protagonismo das mulleres nesta loita.[1] Nas súas intervencións denunciou o etnocidio no seu país. É membro da Comisión Asesora de Paz de Colombia.[2]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Ati Quigua recibiu en 2016 o Premio Pace Città di Ferrara e o Premio Internacional Daniele Po en 2016, que recoñece mulleres e asociacións que traballan polo ambiente e os dereitos humanos.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Las mujeres del P.D.A. proponen a la presidencial del concejo a Ati Quigua".
- ↑ "Ati Quigua, líder indígena e integrante de la Comisión Asesora de Paz". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ "Dal Comune un riconoscimento alle Madri della Terra dei Fuochi e alla colombiana Ati Quigua per le loro lotte in difesa della salute e dell'ambiente".
- ↑ "Premio internazionale “Daniele Po” 2016".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)