Atmosfera (unidade)
Aparencia
A atmosfera como unidade é a presión que exerce a atmosfera da Terra no nivel do mar, que é de 101 325 Pa. Emprégase para medir presións elevadas como a dos gases comprimidos. Esta unidade non pertence ao Sistema Internacional de Unidades e abréviase como atm. Este termo refírese ao valor da presión definida como presión normal.[1]
Actualmente a IUPAC recomenda que o uso da presión de 101 325 Pa sexa abandonado, recomendando desde 1982, o uso da actual presión padrón, definida como unha presión de 105 Pa (100 000 Pa exactamente).[2]
Equivalencias
[editar | editar a fonte]- 1 atm = 760 mmHg = 760 Torr
- 1 atm = 101 325 Pa
- 1 atm = 1,01325 bar
- 1 atm = 10,332274527999 m c.a. (metros de columna de auga)
- 1 atm = 14,69594877551 PSI
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IUPAC Compendium of Chemical Terminology, Electronic version. Normal. Dispoñíbel en: <http://goldbook.iupac.org/N04211.html>. Acceso: 27 maio 2010.
- ↑ IUPAC Compedium of Chemical Terminology, Electronic version. Standard Pressure. Dispoñíbel: <http://goldbook.iupac.org/S05921.html>. Acceso: 27 maio 2010.