Aturuxo (Ferrol)
Aturuxo | |
---|---|
País | España |
Lugar | Ferrol |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1952 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aturuxo foi unha revista literaria, fundamentalmente poética —aínda que tamén deu cabida á crítica literaria—, que se publicou en Ferrol entre 1952 e 1960.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en setembro de 1952. Foi dirixida por Miguel Carlos Vidal e Tomás Barros,[1] que xunto a Mario Couceiro, conseguiron levar a cabo esta empresa literaria nun Ferrol que daquela presentaba unha moi escasa actividade cultural. No contexto das revistas poéticas publicadas en Galiza entre 1940 e 1960 ocupa un posto de relevo. Nas súas páxinas aparecen setenta e sete escritores. Os seus colaboradores galegos eran de grande relevancia. No seu primeiro número, ilustrado por Isaac Díaz Pardo, aparecen poemas de Luz Pozo Garza, Pura Vázquez, Tomás Barros, Ramón Cabanillas, Fernando Cadaval, Ricardo Carballo Calero, Gabino A. Carriedo, Manuel Conde, Ángel Crespo, Ramón de Garciasol, Ramón González-Alegre, Ángel Johán, J. Leyra, Rafael Millán, Ramón Otero Pedrayo, Luís Pimentel e Miguel C Vidal.[2] O segundo número apareceu en xullo do ano seguinte.[3] Foi a primeira en dedicarlle un número monográfico de homenaxe a Luis Pimentel.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Aturuxo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Aturuxo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 59–60. ISBN 84-8288-137-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alonso Girgado (dir.); Castro, Domínguez, Eguizábal, Quintáns e Rodrigues (1994) ATURUXO. Revista de Poesía e Crítica (Edición facsímile. Ferrol, 1952-1960) CIRP. ISBN 84-453-1139-5.