Aureliano Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1855 Lugo, España |
Morte | 31 de outubro de 1906 (51 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Partido político | Partido Republicano Democrático Federal Asociación Regionalista Gallega Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Pereira (Aureliano J.), p.339) |
Aureliano José Pereira de la Riva, nado en Lugo o 22 de xaneiro de 1855[1][2] e finado en Madrid[3] o 31 de outubro de 1906,[1][4] foi un político, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De orixes familiares humildes, non lle foi posible cursar estudos superiores.
Labor periodístico
[editar | editar a fonte]Desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego, El Diario de Lugo e El Regional (que dirixiu desde a súa fundación en 1884 ata 1893). Colaborou con varios periódicos e revistas como La Ilustración Republicana Federal (1872),[2] El Bazar (1874), La Familia (1875), Barcelona Cómica (1895), La Ilustración Española y Americana[5] o El País.[4] A finais de 1899, en Madrid, encargouse da dirección, e foi redactor, da revista Nuevo Mundo[6], El Nacional e outros periódicos.[5]
Ideoloxía política
[editar | editar a fonte]Liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Estivo afiliado durante anos ao Partido Republicano Federal de Galicia,[7] no que ocupou cargos de certo relevo provincial, chegando a ser elixido concelleiro de Lugo en 1887. O seu peso na organización federal viría confirmarse ao ser nomeado, conxuntamente con Manuel Mosquera Lequerica e Modesto Moyrón, membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, que sería discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887.
Sen abandonar o federalismo, en 1890 intégrase na Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía e Alfredo Brañas, como Secretario do Comité Rexionalista de Lugo. Sendo un caso único no galeguismo do século XIX, ao articular o rexionalismo cultural e político co federalismo republicano.
Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, foi un home preocupado pola situación da muller do seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro.
Apartado da practica política rexionalista desde 1893, apoia o Partido Liberal Fusionista. En 1894 trasládase a Madrid cun posto de modesto funcionario no Ministerio de Fomento, e alí tamén, afastado de Galicia, transcorreron os derradeiros anos da súa vida.
Obra
[editar | editar a fonte]Entre a súa obra poética, na súa totalidade en lingua galega, destacan Cousas da aldea (1891) Terra a miña (1891) e A cova da serpe (1892), coas que obtería galardóns diversos en certames e xustas. Publicou ademais numerosas composicións soltas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da literatura galega, sentiu a necesidade de crear unha editorial, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.
Títulos
[editar | editar a fonte]- Soledad, Lugo, 1879.[8]
- El Regionalismo, Barcelona, 1887.[9]
- Poesías, Lugo, 1891 (con D. L. González López).[10]
- Romancero de la ciudad de Lugo, Lugo, 1892.[11]
- A Cova d'a serpe, Lugo, 1892.[12]
- El Regionalismo y la poesía gallega, Lugo, 1895.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Carballo (1975), p. 439
- ↑ 2,0 2,1 Máiz (2006), p. 14
- ↑ "«Necrología». La Correspondencia de España (Madrid) (17.795)". Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. 31-10-1906. p. 2. Consultado o 02-06-2018.
- ↑ 4,0 4,1 Máiz (2006), p. 34
- ↑ 5,0 5,1 Ossorio (1903), p. 339
- ↑ Revista Gallega, 244, 12-11-1899, p. 3.
- ↑ Máiz (2006), p. 35
- ↑ Soledad Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ El Regionalismo Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Poesías Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Romancero de la ciudad de Lugo Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ A Cova d'a serpe Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ El Regionalismo y la poesía gallega Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aureliano Pereira |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Curros Enríquez, Manuel (1911). Hijos ilustres de Galicia. Obras Completas v. IV (en castelán). Madrid: Sucesores de Hernando.
- Fernández del Riego, Fernando (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0. (2ª ed.). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Máiz, Ramón; Martínez Eiras, Esther (2006). "Aureliano Pereira. Escritos sobre Federalismo e Galeguismo" A Coruña: Xunta de Galicia (CIRP). ISBN 978-84-453-4302-9.
- Ossorio y Bernard, Manuel (1903). «Pereira (Aureliano J.». Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aureliano Pereira na Biblioteca Virtual Galega.
- "Lembranza de Aureliano J. Pereira" 22/01/15, RAG.