Saltar ao contido

Aurelio Enríquez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAurelio Enríquez González
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1845 Editar o valor en Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 1910 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Aurelio Enríquez González, nado en Vilanova de Valdeorras (O Barco de Valdeorras) o 18 de xullo de 1845 e finado en Baños de Montemayor (Cáceres) o 30 de xullo de 1910, foi un médico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, recibindo o grao de Licenciado en 1868. Obtivo o título de Doutor en 1869 en Madrid. Foi médico titular de Ponferrada en 1869, médico do ferrocarril do Noroeste e profesor do Instituto de Terapéutica operativa. Médico Director interino de Elorrio. Ingresou no Corpo de Médicos-Directores de Baños en 1874 e desempeñou a praza nos balnearios de Puente Viesgo (Cantabria), Betelu (Navarra), Archena (Murcia), Zestoa (Guipúscoa) e Baños de Montemayor (Cáceres). Foi membro fundador da Sociedad Española de Hidrología Médica da que foi presidente en 1897. Foi elixido deputado polo distrito de Valdeorras nas eleccións de agosto de 1872. Na Restauración, nas eleccións de 1886, foi elixido deputado polo distrito de Ponferrada e foi reelixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1893. Nas eleccións de 1896 foi elixido senador pola provincia da Coruña. Nas eleccións de 1898 volveu ser elixido deputado polo distrito de Valdeorras, o mesmo que nas de 1901. En xuño de 1910 foi nomeado senador vitalicio. Finou en Baños de Montemayor onde era director do seu balneario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]