Australis
Australis / OSCAR 5 | |
---|---|
Tipo | Experimental |
Organización | Universidade de Melbourne |
Contratistas principais | Universidade de Melbourne |
Data de lanzamento | 23 de xaneiro de 1970[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta N6[5][2] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[5][2] |
NSSDC ID | 1970-008B |
Masa | 15,8 kg[5][2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7833 km[1] |
Inclinación | 101,5 graos[1] |
Apoapse | 1484,7 km[1] |
Periapse | 1440,6 km[1] |
Australis, coñecido tamén como OSCAR 5 (Orbiting Satellite Carrying Amateur Radio 5) foi un satélite artificial australiano lanzado o 23 de xaneiro de 1970 mediante un foguete Delta 4M desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[5][2][4]
Características
[editar | editar a fonte]Australis foi o primeiro satélite radioafeccionado construído en Australia. Foi manufacturado por estudantes da Universidade de Melbourne e tiña forma de prisma rectangular cunhas dimensións de 43 x 30 x 15 cm. Cunha masa de 15,8 kg, alimentábase mediante baterías e na súa superficie levaba tiras reflectantes para o control térmico do satélite. Dos seus lados sobresaían catro antenas monopolo, levando a bordo dous transmisores e un sensor de horizonte para determinar a súa velocidade de rotación. Estabilizábase mediante dous imáns pasivos para aliñar o satélite co campo magnético terrestre. Usábase un sistema de comandos para activar o transmisor do satélite, funcionando a unha frecuencia de 29,450 MHz só os fins de semana. O satélite era capaz de transmitir datos sobre o estado da batería, a súa temperatura e o sensor de horizonte usando un sistema de telemetría de sete canles mediante a modulación dos sinais do transmisor. Durante a súa vida útil a universidade de Melbourne recibiu informes de máis de 200 estacións de observación de 27 países distintos[5][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "OSCAR 5" (en inglés). 2022. Consultado o 29 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2022). "OSCAR 5" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2022.
- ↑ "Letter dated 26 August 1970 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (70-19445): 2. 8 de setembro de 1970. Consultado o 29 de agosto de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2022). "Australis" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Australis (Australis-OSCAR 5, AO 5, A-O-A)" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2022.