Saltar ao contido

Avelino Rodríguez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAvelino Rodríguez Rodríguez
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor en Wikidata
Verín, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, labrego Editar o valor en Wikidata

Avelino Rodríguez Rodríguez, nado en Verín cara a 1901 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Labrego de Verín. Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido o 25 de agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Martín Estévez Vega, José Toro Martínez, Benjamín Sierra Fernández, Antonio Parada Calvo e José María Albar González, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.[1][2]

  1. El Ideal Gallego, 12-10-1941, p. 3.
  2. La Región, 15-10-1941, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]