Benjamín Sierra Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1905 ![]() A Gudiña, España ![]() |
Morte | 11 de outubro de 1941 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, barbeiro ![]() |
Benjamín Sierra Fernández, nado na Gudiña cara a 1905 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Barbeiro na Venda da Capela (Parada da Serra). Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido o 25 de agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Avelino Rodríguez Rodríguez, José Toro Martínez, José María Albar González, Martín Estévez Vega e Antonio Parada Calvo, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Represión franquista en Ourense Arquivado 16 de maio de 2022 en Wayback Machine.