Parada da Serra, A Gudiña
Parada da Serra | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | A Gudiña[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°02′22″N 7°14′49″O / 42.039516666667, -7.2469972222222 |
Poboación | 33 hab. (2015) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia do concello ourensán da Gudiña na comarca de Viana. Segundo o IGE[2] en 2015 tiña 33 habitantes (21 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación[3].
Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Veiga de Nostre (en Parada da Serra, Castrelo do Val), forma a parroquia eclesiástica de Parada da Serra.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]

Xunto a Parada, ao pé da cova das Choias, apareceu en 1921 o tesouro da Urdiñeira[4], datado no final da Idade de Bronce[5]. Está composto por un brazalete e unha pulseira de ouro, xunto cun botón de cobre. Foi atopado pola pegureira Xosefa Gago Fernández, e o cura de Parada vendeullo ao coleccionista Ricardo Blanco-Cicerón a través de Cándido Cid Rodríguez, procurador da diocese de Ourense. O botón ficou no Museo Arqueolóxico de Ourense, e as dúas pezas de ouro foron mercadas por Álvaro Gil Varela, e finalmente polo Museo Provincial de Lugo.
As pezas de ouro foron feitas coa técnica da cera perdida, e están adornadas con figuras xeométricas[6]. O botón, segundo López Cuevillas podería interpretarse como disco solar.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2015. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de abril de 2021.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
- ↑ Romero Cerdeiriña, Á. (25 de xullo de 1926). "Notas pra un estudo da Urdiñeira". Nós (31). pp. 36–41.
- ↑ Macías, M. (1921). "Importante hallazgo arqueológico". Boletín da Comisión de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense IV (140): 335–336.
- ↑ Balseiro García, A. (2003-2004). "A ourivería na Idade do Bronce". Boletín do Museo Provincial de Lugo 1 (11): 33–51. ISSN 0212-8438.
- ↑ Comendador Rey, B. (Febreiro 2009). "Botón da Urdiñeira" (PDF). Peza do mes (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 23 de xaneiro de 2022.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Parada da Serra
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Parada da Serra no concello da Gudiña (Ourense) | |
---|---|
Parroquias da Gudiña
[editar | editar a fonte]