Saltar ao contido

Avelino Veloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAvelino Veloso
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre, escritor Editar o valor en Wikidata

Avelino Veloso Chapela, nado en Santiago de Compostela e finado en Buenos Aires, foi un xastre, escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Directiva do Orfeón Gallego de Buenos Aires en 1910, no centro o seu presidente Avelino Veloso.

Emigrou a Arxentina cara a 1895. Montou a xastrería La Compostelana en Buenos Aires. Colaborou nos xornais da emigración galega, principalmente Nova Galicia, onde apareceron moitos dos seus poemas escritos sempre en galego.[1] En xullo de 1901 promoveu a creación do Ateneo Rosalía de Castro xunto con Fortunato Cruces, Manuel Novoa Costoya e María de los Ángeles Vázquez. Foi secretario do Orfeón Gallego, director do seu órgano Boletín Oficial del Orfeón Gallego.,[2] e presidente do mesmo en 1908. En 1911 creou e dirixiu o Boletín Galaico Social.[3] En 1920 dirixiu El Heraldo de Lanús.[4]

É autor do monólogo Sin Chouza, representado en Buenos Aires en 1904,[5] da obra Por unhas romaxes (1905),[6] do monólogo Xénio de raz (1906),[7], da obra O arco d'a vella (1908),[8] e da comedia A festa de San Pedro de Bugallido (1918).[9] Publicou o diálogo dramático O tempo novo en 1916.[10]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Manuela Rey e foi pai de Francisca, Asunción, Felipe e Cecilio Veloso Rey.[11]

  1. El Correo Gallego, 21-7-1963, p. 7.
  2. Nova Galicia, 8-10-1905, p. 2.
  3. El Miño, 11-7-1911, p, 2.
  4. Correo de Galicia, 25-4-1920, p. 1-2.
  5. Nova Galicia, 14-8-1904, p. 3.
  6. Nova Galicia, 12-11-1905, p. 3.
  7. Nova Galicia, 22-7-1906, p. 1.
  8. Galicia, 15-10-1908, p. 15.
  9. Nova Galicia, 31-7-1918, p. 2.
  10. Nova Galicia, 18-5-1916, p. 3.
  11. Nova Galicia, 15-5-1914, p. 2.