Saltar ao contido

Axel Heiberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAxel Heiberg
(en) Axel Heiberg Island Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoAxel Heiberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Árticas do Canadá Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaNunavut, Canadá Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónIllas Árticas do Canadá Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 79°41′01″N 91°25′19″O / 79.6836, -91.4219
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.210 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións220 (ancho) × 371 (lonxitude) km
Punto máis altoPico Outlook (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.210 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie43.178 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1900 Editar o valor en Wikidata

A illa Axel Heiberg sitúase nas Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. A parte máis alta da illa cóbrea un glaciar. Atópase entre as coordenadas 78º e 81º N e só a habita o persoal dunha pequena estación científica.

É unha illa recortada por grandes fiordes, cunha área total de 43.178 km². O punto máis alto é Outlook Peak, cunha altura de 2.211 m. O xeo e os glaciares cobren 14.733 km² da área total.

A illa foi descuberta por Otto Sverdrup en 1900, poñéndolle o nome do cónsul noruegués Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición. A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX.

Habitouse no pasado polo pobo inuit, pero estaba deshabitada no momento en que foi nomeada por Otto Sverdrup, que a explorou ao redor de 1900, poñéndolle o nome do cónsul noruegués Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición.

A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX. En 1959, científicos da McGill University exploraron o fiorde Expedition no centro da illa de Axel Heiberg. Isto deu lugar á creación da Estación de Investigación do Ártico McGill, construída a 8 km ao interior de fiorde Expedition en 1960.

Un dos tres tocóns descubertos en illa Axel Heiberg.
Mapa da Illa Axel Heiberg.

Permanece deshabitada, salvo unha pequena estación científica. No entanto, aínda se conservan restos de poboados Inuit. Na illa descubriuse en 1985 un bosque petrificado do Eoceno, tres tocóns datados hai 40 millóns de anos, o que indica que esta parte norte do ártico era máis cálida e húmida que na actualidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]