Axencia Internacional da Enerxía Atómica
Axencia Internacional da Enerxía Atómica | |
---|---|
Acrónimo | AIEA e IAEA |
Tipo | organização estabelecida pelas Nações Unidas e podcast |
Data de fundación | 1957 |
Director/a | Yukiya Amano, Mohamed ElBaradei, W. Sterling Cole, Sigvard Eklund, Hans Blix e Rafael Grossi |
Nº de empregados | 2.500 (2021) |
Orzamento | 380000000 euros |
Organización matriz | ONU |
Organización subsidiaria | International Nuclear Library Network e International Atomic Energy Agency - Trieste |
Premios | Premio Nobel da Paz |
Sede | Viena |
País | Austria |
Na rede | |
https://www.iaea.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) é unha organización internacional autónoma creada no seo das Nacións Unidas. Busca promover o uso pacífico da enerxía nuclear e evitar o seu uso para calquera propósito militar, incluídas as armas nucleares.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe do organismo remóntase ao discurso que o presidente dos Estados Unidos Dwight D. Eisenhower realizou o 8 de decembro de 1953 chamado "Átomos para a paz".[1] Neste discurso presentou unha proposta no sentido de crearse unha organización internacional "dedicada exclusivamente aos usos pacíficos da enerxía atómica". Foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1954 e en 1957 completouse o seu estatuto,[2] en que se indica que o seu obxectivo é a promoción do uso pacífico da enerxía nuclear e o desencoraxamento dos usos para fins militares das armas nucleares:
A Axencia procurará acelerar e aumentar a contribución da enerxía atómica para a paz, a saúde e a prosperidade no mundo enteiro. Na medida en que lle for posible, asegurarase de que a asistencia que preste, ou a que se preste a petición súa, ou baixo a súa dirección ou control, non for empregada de xeito que contribúa a fin fines militares.Artigo II do estatuto da AIEA
En 2005, a Axencia e o seu director xeral Mohamed el-Baradei, recibiron o Premio Nobel da Paz. O comité concedeulles o premio por:[3]
[...] é a AIEA quen controla que a enerxía nuclear non se empregue de xeito indebido con propósitos militares [...] no momento en que os esforzos do desarmamento parecen nun punto morto e existe perigo de que o armamento nuclear prolifere nos estados e nos grupos terroristas [...]
Organización
[editar | editar a fonte]A AIEA ten a súa sede en Viena, (Austria), e ten 172 estados membros, con representantes que se reúnen anualmente nunha conferencia xeral onde elixen 35 membros para o Consello de Gobernadores. Este Consello reúnese cinco veces por ano e prepara as decisións que serán ratificadas pola Conferencia Xeral.
Co incremento da proliferación nuclear na década de 1990, as tarefas da AIEA pasaron a incluír as inspeccións e investigacións das sospeitas de violacións do Tratado de Non-Proliferación Nuclear baixo mandato das Nacións Unidas; con todo, caso de atopar indicios de uso militar nos programas que inspecciona, só poderá informar o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, que ten a exclusiva para tomar medidas coercivas. A AIEA mantén, como un dos seus instrumentos, o International Nuclear Information System (INIS), base de datos sobre a utilización pacífica da enerxía nuclear.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Axencia Internacional da Enerxía Atómica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Board of Governors rules (en inglés)
- IAEA Primer Arquivado 01 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Pillars of nuclear cooperation 2005 (en inglés)
- Radiation Protection of Patients (en inglés)