Bertha von Suttner
![]() von Suttner en 1906. | |
Nome orixinal | (de) Bertha von Suttner ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Berta Gräfin Kinsky von Wchinitz und Tettau ![]() 9 de xuño de 1843 Praga, Reino de Bohemia, ![]() |
Morte | 21 de xuño de 1914 (71 anos) Viena, ![]() |
Causa da morte | cancro de estómago ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio principal de Gotha ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Pacifista, novelista |
Membro de | |
Xénero artístico | Utopía e distopía na literatura e ciencia ficción feminista ![]() |
Pseudónimo literario | B. Oulot, Jemand ![]() |
Familia | |
Familia | Kinsky (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Arthur Gundaccar von Suttner (1876–valor descoñecido) ![]() |
Pais | Franz Joseph Kinsky ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
marzo de 1933-outubro de 1933 | queima de libros na Alemaña nazi ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lexikon deutschsprachiger Epik und Dramatik von Autorinnen 1730–1900 (en) ![]() Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Зутнер Берта фон) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Bertha Felicitas Sophie, nada co nome de Kinsky von Chinic und Tettau en Praga o 9 de xuño de 1843 e finada en Viena o 21 de xuño de 1914, foi unha pacifista e escritora austrohúngara.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Foi filla do conde Franz Kinsky von Wchinitz und Tettau e de Sophie von Körner. Naceu sendo xa orfa de pai, sendo este mariscal de campo e conselleiro do imperio austrohúngaro. En 1876 casou co escritor e nobre Arthur Von Suttner. Xa casada, estudou música e literatura; a parella viaxou extensamente, abandonando a súa residencia vienesa para trasladarse a París, regresando definitivamente a Austria en 1885.
En 1889 publicou a novela Die Waffen nieder!, traducida a diversas linguas convertida axiña nun clásico do movemento pacifista internacional. Editou unha revista pacifista internacional co mesmo título. Outras publicacións que reflicten o seu ideal foron Das Maschinenzeitaler (onde critica os nacionalismos radicais e o armamento) e Inventarium einer Seele (onde se percebe a influencia de H. T. Buckle, Herbert Spencer e Charles Darwin).
Von Suttner foi unha das máis destacadas figuras do movemento internacional pola paz, difundindo a idea en numerosas conferencias en toda Europa, e creando unha asociación para promovela en Austria. En 1905 recibiu o premio Nobel da Paz, se ben pénsase que parte da decisión puido deberse á súa relación de secretaria e amiga de Alfred Nobel. Faleceu pouco antes de comezar a primeira guerra mundial.