Menachem Begin
(1978) ![]() | |
Nome orixinal | (he) מנחם בגין ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de agosto de 1913 ![]() Brest (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 9 de marzo de 1992 ![]() Tel Aviv, Israel ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio xudeu do Monte das Oliveiras ![]() |
Minister of Agriculture and Rural Development (en) ![]() | |
19 de xuño de 1983 – 10 de outubro de 1983 ← Simha Erlich (pt) ![]() ![]() Gabinete ministerial: Nineteenth government of Israel (en) ![]() | |
Minister of Defence (en) ![]() | |
14 de febreiro de 1983 – 23 de febreiro de 1983 ← Ariel Sharon – Moshe Arens (pt) ![]() Gabinete ministerial: Nineteenth government of Israel (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
20 de xullo de 1981 – 13 de agosto de 1984 Lexislatura: 10th Knesset (en) ![]() | |
Minister of Defence (en) ![]() | |
28 de maio de 1980 – 5 de agosto de 1981 ← Ezer Weizman – Ariel Sharon → Gabinete ministerial: Eighteenth government of Israel (en) ![]() | |
6º Primeiro ministro de Israel | |
20 de xuño de 1977 – 10 de outubro de 1983 ← Yitzhak Rabin – Yitzhak Shamir → | |
Minister of Communications (en) ![]() | |
20 de xuño de 1977 – 24 de outubro de 1977 ← Aharon Uzan (pt) ![]() ![]() Gabinete ministerial: Eighteenth government of Israel (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
13 de xuño de 1977 – 20 de xullo de 1981 Lexislatura: 9th Knesset (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
21 de xaneiro de 1974 – 13 de xuño de 1977 Lexislatura: 8th Knesset (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
17 de novembro de 1969 – 21 de xaneiro de 1974 Lexislatura: 7th Knesset (en) ![]() | |
Minister without portfolio (en) ![]() | |
5 de xuño de 1967 – 6 de agosto de 1970 Gabinete ministerial: Thirteenth government of Israel (en) ![]() ![]() ![]() | |
Membro de Knesset | |
22 de novembro de 1965 – 17 de novembro de 1969 Lexislatura: 6th Knesset (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
25 de maio de 1965 – 22 de novembro de 1965 Lexislatura: 5th Knesset (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
4 de setembro de 1961 – 25 de maio de 1965 Lexislatura: 5th Knesset (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
30 de novembro de 1959 – 4 de setembro de 1961 Lexislatura: 4th Knesset (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
15 de agosto de 1955 – 30 de novembro de 1959 Lexislatura: 3rd Knesset (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
20 de agosto de 1951 – 15 de agosto de 1955 Lexislatura: 2nd Knesset (en) ![]() | |
Membro de Knesset | |
14 de febreiro de 1949 – 20 de agosto de 1951 Lexislatura: Constitutive Assembly (Israel) (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Polonia (1921–1939) Imperio Ruso (–1917) Israel ![]() |
Relixión | Xudaísmo ![]() |
Educación | Facultade de Dereito e Administración da Universidade de Varsovia ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xerusalén ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Likud Gahal (en) ![]() Herut ![]() |
Lingua | Lingua hebrea e lingua polaca ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de Anders (pt) ![]() ![]() |
Rango militar | cabo (pt) ![]() ![]() |
Conflito | Segunda guerra mundial e Invasión de Polonia ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Aliza Begin |
Fillos | Benny Begin (pt) ![]() ![]() |
Pais | Zeev Dov (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Menachem Begin, nado en Brest, Belarús o 16 de agosto de 1913 e finado en Xerusalén o 9 de marzo de 1992, foi un político israelí e 6º primeiro ministro de Israel en maio de 1977. Baixo o acobillo do entón presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter, Begin negociou en 1978 os acordos de Camp David co presidente de Exipto, Anwar Sadat, polos que Israel devolveu a península de Sinaí a Exipto. Por estes acordos Begin e Sadat recibiron o Premio Nobel da Paz en 1978.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Beguin naceu en Brest-Litovsk (entón en Polonia, hoxe en Belarús), educado no sionismo polo seu pai. Estudou nun colexio hebreo e nun liceo polaco, e aos 16 anos entrou no movemento sionista Betar, creado por Vladimir Jabotinski. Dende 1939 foi líder da organización polaca de Betar.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c4/Menahem_Begin_poses_at_Camp_David_1978.jpg/220px-Menahem_Begin_poses_at_Camp_David_1978.jpg)
Ao comezo da segunda guerra mundial refuxiouse en Vilnius, ata que en 1940 a NKVD soviética arrestouno e enviouno a un campo de traballo de Siberia. Liberado en 1941, despois do acordo Sikorski-Mayski, uniuse ás forzas polacas libres establecidas na URSS e baixo o mando de Wladyslaw Anders, en 1942 como soldado desa unidade chega a Palestina. Alí incorpórase ao Irgún, o brazo armado e clandestino do sionismo revisionista, converténdose no seu líder en 1947. Coma tal foi o máximo responsable da destrución do hotel Rei David, cuartel xeral das forzas británicas en Palestina, no que morreron case 100 persoas, así coma do ataque á aldea palestina de Dir Yassin. Trala creación do Estado de Israel funda o partido político Herut, que máis tarde se convertería no partido dominante do Likud, que quedou fóra da corrente xeral do sionismo, defendendo un Israel antisocialista e territorialmente máis grande.
Como primeiro ministro, Begin, foi o artifice do acordo de paz con Exipto que supuña a devolución do Sinaí a Exipto e do desmantelamento dos asentamentos xudeus da zona. A pesar do que o plan de paz establecera unha autonomía palestina, Begin non a aplicou, o que supuxo a dimisión dos ministros Moshé Dayán e Ezer Weizman.
En 1982 Begin autorizou a entrada das Forzas de Defensa Israelís no Líbano. Esta incrusión dividiu fondamente á opinión pública israelí, e propicióu a dimisión de Begin en agosto de 1983, xunto coa morte da súa dona, Aliza.