Azolla filiculoides
Azolla filiculoides | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Azolla filiculoides | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
G5 Secure (NatureServe)[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Azolla filiculoides Lam., 1783. |
Azolla filiculoides é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, un dos sete comprendidos no xénero Azolla.[2]
É un pequeno fento acuático nativo de zonas temperadas e tropicais de América, onde habita en lagos, lagoas e ríos de corrente lenta. É unha planta invasora que colonizou a maior parte do Vello Mundo, incluíndo Asia, e tamén Australia.
É unha planta que en Europa mostra, localmente e baixo certas condicións (augas lentas e bastante eutróficas), gran capacidade invasora, ou polo menos de proliferación. Porén, demostrou ser utilizábel como esterco verde e como axente para a desintoxicación de residuos ou augas industriais, en particular no que se refire aos metais pesados.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1783 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck en Encyclopédie Méthodique, Botanique 1 (1): 343.[3][4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Azolla.
O epíteto específico, filiculoides, é un termo do latín científico derivado dos elementos filic-, de filix, -icis, "fento", -ul[us]-, diminutivo, e -oides, "semellante".[5] Literalmente: "semellante a un pequeno fento".
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).[6][7] Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,[8] e outras bases de datos e, a maioría dos autores, incluén o seu único xénero na familia das salviniáceas.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo protónimo cuñado por Lamarck e asctualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónios:[2][4]
- A. arbuscula Desv.
- A. filiculoides var. rubra (R.Br.) Strasb.
- A. magellanica Willd.
- A. squamosa Molina
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Posúe un crecemento moi rápido, sendo quen de cubrir amplas superficies en poucos meses. Cada individuo ten un diámetro de 1–2 cm, cunha cor verde tinguida de rosa, laranxa ou vermello nos bordos. Ramificacións libres, que se quebran en pequenas seccións a medida que a planta medra. Non soporta baixas temperaturas, sobrevivindo en zonas frías grazas a gromos somerxidos.
Cultivo
[editar | editar a fonte]A especie ten sido cultivada en moitas rexións do Vello Mundo, pola súa capacidade de fixación do nitróxeno atmosférico. Considérase útil para cultivos en auga, como o do arroz. Así e todo, Azolla filiculoides ten causado e causa graves problemas á flora e fauna autóctonas de ecosistemas lacustres do oeste de Europa.[9] sur de África, Asia tropical, Australia e Nova Zelandia.
En Galicia
[editar | editar a fonte]Está presente no río Miño entre Rábade e o encoro de Belesar, en Ribadavia e en Padrón.[10] Mencionouse tamén en Culleredo, onde causou problemas á poboación local de sapo corriqueiro (''Bufo calamita'').[11] En Vigo e en Sanxenxo foi citada a A. carolinensis, moi similar á primeira.[10] No río Lagares e nas Gándaras de Budiño (Ribeiras do Louro) existe Azolla sp., quizais A. filiculoides; alí a especie colonizou e ocupou rapidamente as masas de auga, tapizando toda a superficie. Na lagoa da Bodeira (O Grove) A. filiculoides foi mencionada por primeira vez no verán de 2012, procedéndose a unha primeira retirada parcial, sen éxito.
Control en Galicia
[editar | editar a fonte]A retirada manual é imprescindible, se ben é complicada e custosa, e non garante a erradicación do fento.[9][10] Débese realizar combinada con outros métodos, especialmente co control biolóxico a través do gurgullo Stenopelmus rufinasus. Esta é unha especie americana de coleóptero, cuxa larva é monófaga e se alimenta de Azolla spp.[10] Está xa citado na Península Ibérica, en concreto nos ríos Guadiana e Ter.[12][13] É moi probable que este gurgullo non teña influencia noutros coleópteros autóctonos nin en plantas do mesmo contorno. A terceira vía sería o uso de herbicidas, contendo glifosato ou diquat,[9] se ben este método é efectivo só en canais e pequenas masas de auga, e pode prexudicar a outras plantas existentes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Azolla filiculoides.
-
Azolla filiculoides.
-
Azolla filiculoides
xunto á Lemna minor. -
Detalle da estrutura en escamas das frondes
-
Frondes en almofadas flotantes, de perfil, e raíces acuáticas.
-
Azolla filiculoides 'alfombrando' un estanque.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Equivalente a LC (pouco preocupante) do IUCN.
- ↑ 2,0 2,1 Azolla filiculoides Lam. en World Flora Online. Consultado o 21 de marzo de 2021.
- ↑ "Name - Azolla Lam.". Tropicos. Saint Louis, Missouri: Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de febreiro de 2010.
Annotation: a sp. nov. reference for Azolla filiculoides
Type Specimens: Azolla filiculoides - ↑ 4,0 4,1 Hussner, A. (2006). "NOBANIS -- Invasive Alien Species Fact Sheet - Azolla filiculoides" (PDF). Online Database of the North European and Baltic Network on Invasive Alien Species. Heinrich Heine University, Düsseldorf. Consultado o 19 de febreiro de 2010.
- ↑ Gledhill, David (2008): The Names of Plants, 4ª ed. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5216-8553-5.
- ↑ Salviniales Arquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine. no ITIS. Consultado o 21 de marzo de 2021.
- ↑ Azollaceae en floravascular.com
- ↑ Salviniaceae Martinov, 1820 no WoRMS.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Natural History Museum. 2012. Azolla filiculoides. Conservation. PDF.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Fagúndez, J. & Barrada, M. 2007. Plantas invasoras de Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. PDF Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Galán, P. 2012. Declive de una población de Bufo calamita por invasión de la planta Azolla filiculoides. Bol. Asoc. Herpetol. Esp. 23: 113-116. PDF
- ↑ Fernández, J. L.; Fernández, E. & Alonso-Zarazaga, M. A. 2005. "Primera cita de Stenopelmus rufinasus Gyllenhal, 1835 en la Península Ibérica (Coleoptera, Erirhinidae)". Graellsia, 61(1): 139-140. PDF.
- ↑ Mor, J.-R.; Coral, L.; Masferrer, J.; Sala, J.; Font, J. & Boix, D. 2010. Presence of the exotic weevil Stenopelmus rufinasus Gyllenhal, 1836 (Coleoptera: Erirhinidae) in Ter River (NE Iberian Peninsula). Boletín de la SEA, 46: 367-372
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hill, M. P. (1998): "The potential for the biological control of the floating aquatic fern Azolla filiculoides Lamarck (Red Water Fern/Rooivaring) in South Africa". S. Afr. Waterbull. 24: 16–18.
- Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978): Welsh ferns: clubmosses, quillworts, and horsetails. Cardiff: National Museum of Wales. ISBN 0-7200-0210-9.
- Sainty, G. & Jacobs, S. (2003): Waterplants in Australia. Potts Point, Sydney, Australia: Sainty and Associates. ISBN 0-9581-0551-0.