Bótidos
Aparencia
Bótidos Bothidae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rapapelos da especie Arnoglossus laterna | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos bótidos (Bothide) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes que abrangue numerosas especies, coñecidas como peixes planos zurdos (por teren os dous ollos situados no lado esquerdo), a maioría delas propias dos mares tropicais.[2]
As especies que viven nas augas galegas adoitan coñecerse co nome de rapapelos.[3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características dos peixes desta familia son:[6]
- A boca é terminal, e coa mandíbula inferior prominente.
- Ambos os ollos están situados no lado esquerdo na maioría das especies.
- Non pesentan espiñas nas aletas.
- A orixe da aleta dorsal comeza diante do ollo superior.
- A aletas dorsal e anal están separadas da aleta caudal.
- As aletas ventrais son moi asimétricas.
- A liña lateral só aparece no lado ocular.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]As especies desta familia viven en augas das rexións temperadas e tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.[6]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo o WoRMS a familia comprende os seguintes xéneros (indícase o número das especies de cada un):
- Arnoglossus Bleeker, 1862 - 35 especies
- Asterorhombus Tanaka, 1915 - 4 especies
- Bothus Rafinesque, 1810 - 16 especies
- Chascanopsetta Alcock, 1894 - 8 especies
- Crossorhombus Regan, 1920 - 5 especies
- Engyophrys Jordan & Bollman, 1890 - 2 especies
- Engyprosopon Günther, 1862 --31 especies
- Grammatobothus Norman, 1926 - 3 especies
- Japonolaeops Amaoka, 1969 - 1 especie
- Kamoharaia Kuronuma, 1940 - 1 especie
- Laeops Günther, 1880 - 12 especies
- Lophonectes Günther, 1880 - 2 especies
- Monolene Goode, 1880 - 11 especies
- Neolaeops Amaoka, 1969 - 1 especie
- Parabothus Norman, 1931 - 9 especies
- Perissias Jordan & Evermann, 1898 - 1 especie
- Psettina Hubbs, 1915 - 10 especies
- Scolops - 1 especie (nomen dubium)
- Taeniopsetta Gilbert, 1905 - 2 especies
- Tosarhombus Amaoka, 1969 - 6 especies
- Trichopsetta Gill, 1889 - 4 especies
Galería
[editar | editar a fonte]-
Bothus mancus
-
Kamoharaia megastoma
-
Monolene sessilicauda
-
Trichopsetta ventralis
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bótidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bothidae en ADW.
- Bothidae no NCBI.
- Especies de bótidos na Lista vermella da UICN.