Monolene
Monolene | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Monolene sessilicauda | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Monolene é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos.[1]
Encóntranse nos océanos Atlántico e Pacífico leste.
As especies deste xénero son de pequenas dimensións, porén algunhas teñen interese pesqueiro, ás que Lahuerta e Vázquez dan o nome de rapapelos (como aos seus parentes do xénero Arnoglossus.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi fundado en 1880 polo ictiólogo estadounidense George Brown Goode,[1] nun traballo publicado na revista Proc. U.S. nat. Mus., 3: 209.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Monolene está formado co elemento do latín científico mono-, derivado do grego antigo μονο- mono-, de μονός monós, "único", e da voz grega ληνόσ lēnós, "lagar", "pía" (aquí co sentido de "cavidade cranial").
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:[1]
- Monolene antillarum Norman, 1933
- Monolene asaedai H. W. Clark, 1936
- Monolene atrimana Goode & T. H. Bean, 1886
- Monolene danae Bruun, 1937
- Monolene dubiosa Garman, 1899
- Monolene helenensis Amaoka & Imamura, 2000
- Monolene maculipinna Garman, 1899
- Monolene megalepis Woods, 1961
- Monolene mertensi (Poll, 1959)
- Monolene microstoma Cadenat, 1937 – Rapapelos de boca pequena.[2]
- Monolene sessilicauda Goode, 1880
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monolene |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.