B.Y.O.B. (Bring Your Own Bombs)
Aparencia
B.Y.O.B. (Bring Your Own Bombs) (traducido: trae as túas propias bombas) é o primeiro single do cuarto disco de System of a Down, Mezmerize. É un xogo coa frase "Bring Your Own Beer" (traducido: trae a túa propia cervexa). É unha canción cunha alta carga política que foi feita para protestar pola Guerra de Iraq. A frase "Why do they always send the poor?" (Por que eles envían sempre os pobres?) repite unha pregunta similar feita polo director estadounidense Michael Moore, no seu documental Fahrenheit 9/11 acerca do significativo número de soldados que serven en Iraq procedentes de arrabaldes pobres.