Daron Malakian
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1975 ![]() Hollywood, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Rose and Alex Pilibos Armenian School (en) ![]() Glendale High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, músico, cantante, cantautor ![]() |
Período de actividade | 1990 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Metal alternativo ![]() |
Tesitura | Tenor ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Familia | |
Pai | Vartan Malakian ![]() |
Sitio web | systemofadown.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Daron Vartan Malakian (en armenio: Տարոն Մալաքյան), nado nos Ánxeles (California) o 18 de xuño de 1975, é un músico estadounidense, guitarrista e segunda voz da banda System of a Down, na que compón a maioría das cancións.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malakian, de ascendencia armenia, foi á escola Rose & Alex Pilibos en Hollywood, onde coñeceu a Serj Tankian e Shavo Odadjian (baixista da banda). Foi tamén á Roosevelt Middle School e á Glendale High School (Glendale).
Co-produce os álbums de System of a Down con Rick Rubin e á vez producen The Ambulance And Band Ácid Trip (unha banda baixo o selo de Serj Tankian, Serjical Strike Records). Nunca lle gustou falar da súa vida privada.
Malakian é quen compón melodicamente case todas as cancións do grupo, a letra adóitaa escribir o vocalista, Serj Tankian. O pai de Daron, Vartan Malakian, fai todos os traballos artísticos do grupo, sobre todo nos dous últimos álbums, é dicir "Mezmerize" e "Hypnotize".
Vive en Glendale (California), non está casado e gústalle coleccionar artigos como esqueletos, candeas e persianas. foi elixido como o cuarto mellor guitarrista do ano na Metal Edge Magazine.
Ten dous álbums extra sen a banda.
Utiliza unha guitarra Ibanez comunmente con traballos artísticos de Vartan Malakian, amplificador Marshal e cordas Ernie ball, aínda que se lle viu en concertos cunha Gibson SG.