Saltar ao contido

Bacía do río Amazonas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBacía do río Amazonas
Imaxe
Tipoconca fluvial Editar o valor en Wikidata
EpónimoAmazonas Editar o valor en Wikidata
Parte deAmazónia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Sur Editar o valor en Wikidata
País da cuncaBolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Perú, Suriname e Venezuela Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°18′S 54°54′O / -2.3, -54.9
Bañado porAmazonas Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaconca do océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie6.300.000 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575424
A imaxe mostra o complexo da Rexión Hidrográfica do Amazonas, a maior bacía hidrográfica do mundo (clique para ampliar e ver detalles)
Bacía hidrofica do río Amazonas
Bacía hidrofica do río Amazonas

A bacía do río Amazonas envolve todo o conxunto de recursos hídricos que converxe para o río Amazonas. Esta bacia hidrográfica forma parte da rexión hidrográfica do Amazonas, unha das doce macro bacías hidrográficas que compoñen o territorio brasileiro.

A bacía amazónica abrangue unha área de 6,2 millóns de km², comprendendo as terras de varios países da América do Sur (o Perú, Colombia, Bolivia e o Brasil). É a maior bacía fluvial do mundo. O volume de augas é impresionante, pois deses 6,2 millóns de km², case 4 millóns de km² encóntranse no Brasil. Vexa que 4 millóns de km² corresponden case á metade da área do Brasil.

O río Amazonas formouse a partir dun gran golfo, que orixinalmente se abría ao océano Pacífico. Coa formación da cordilleira dos Andes, ese golfo foi pechado ao oeste, formando un xigantesco lago ao norte da América do Sur. Ese lago abriuse para o leste cando houbo a separación do supercontinente América-África; entón o río formouse.

O río Amazonas nace na cordilleira dos Andes, no Perú. Posúe 6 750 km, sendo que 3 165 km están en territorio brasileiro.

Pola súa orixe lacustre, o río Amazonas presenta unha inclinación moi pequena. En todo o seu traxecto inclínase menos de 100 metros; nun treito de 3 000 quilómetros, en territorio brasileiro, inclínase só 15 metros.

O Amazonas é un río típico de planicie. El e moitos dos seus afluentes son navegábeis e iso é moi importante para a poboación da Amazonia, que utiliza o río como medio de comunicación.

A bacía amazónica está formada polo río Amazonas e os seus afluentes. Estes están situados no dous hemisferios (no hemisferio norte e no hemisferio sur) e, debido a ese feito, o río Amazonas ten dous períodos de chuvias, pois a época das chuvias é diferente no hemisferio norte e no hemisferio sur.

O río está divido en tres partes:

  • aínda nos países andinos, recibe o nome de río Marañón
  • ao entrar no Brasil, recibe o nome de río Solimões
  • ao recibir as augas do río Negro é chamado propiamente de río Amazonas

A largura media do río Amazonas é de aproximadamente 5 quilómetros. Nalgúns lugares, dunha marxe é imposíbel ver a marxe oposta, por causa da curvatura da superficie terrestre. No punto onde o río máis se contrae – o chamado estreito de Óbidos – a largura diminúe para 1,5 quilómetros e a profundidade chega a 100 metros.

As terras amazónicas, como se dixo, forman unha planicie no sentido actual da palabra, ou sexa, un territorio formado pola sedimentación. Ao norte e ao sur esa planicie é limitada polos escudos das Güianas e Brasileiro, respectivamente. Unha división elementar das terras da bacía amazónica permite clasificalas en:

  • várceas: terras próximas ao río, que son inundadas polas enchentes anuais, ou mesmo diariamente
  • terras firmes: nunca son alagadas polas enchentes.

Na desembocadura, en forma de delta na rexión de Belén, o Amazonas fai que a auga do mar sexa "doce" durante varios quilómetros.

A pororoca

[editar | editar a fonte]

O encontro das súas augas coas augas do océano provoca a pororoca, producindo un bruído que pode ser ouvido a grande distancia.

Terras caídas

[editar | editar a fonte]

As augas do río Amazonas provocan o desprendimento das terras das marxes, levándoas para outros lugares. Ese feito é coñecido como o fenómeno das terras caídas.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

2005 foi o ano máis seco en 35 anos na bacía amazónica, segundo informacións da NASA, que segue a súa evolución a través dos satélites. Debido á falta de chuvias, hai ríos e lagos secos ou próximos a secárense e as perdas na agricultura son de millóns de euros. Moitos lugares están incomunicados (sobre 40 000 persoas), debido a que a súa única vía de comunicación son os ríos da bacía amazónica. Aínda que Brasil reduciu o corte de árbores na Amazonia, a maior reserva tropical do mundo, perdeu uns 9 000 quilómetros cadrados en 2004, unha superficie similar á de Asturias.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]