Bad é o sétimo álbum de estudio do artista estadounidenseMichael Jackson. O álbum foi estreado o 31 de agosto de 1987[1] por Epic Records, case cinco anos despois do anterior álbum de Jackson, Thriller, que se converteu no álbum máis vendido do mundo. Bad vendeu aproximadamente 30 millóns de copias en todo o mundo, con 9 discos de Platino nos Estados Unidos, e sendo un dos 30 álbums mellor vendidos de tódolos tempos. O álbum produciu cinco sinxelos números 1 no Billboard Hot 100, e foi o primeiro de dous álbums en conseguilo, sendo o outro Teenage Dream de Katy Perry. Ó igual que o material anterior de Jackson, a música é de estilo R&B, pop e rock.