Baixa Bretaña
Aparencia
Coord.: 48°13′N 3°32′O / 48.21, -3.53
Breizh-Izel (br) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||

A Baixa Bretaña (Breizh Izel en bretón e Basse-Bretagne en francés) é a parte occidental da Bretaña histórica. Correspóndese coa parte da Bretaña que tradicionalmente conservou e fala o bretón. Nin a Alta Bretaña nin a Baixa Bretaña existen oficialmente, xa que non representan límites administrativos, senón que se basean nas fronteiras lingüísticas entre o bretón e o galó.
Extensión
[editar | editar a fonte]Comprende o actual departamento de Finistère, así como tamén as partes máis occidentais de Morbihan e Côtes-d'Armor. Segundo a división histórica da Bretaña, abranguería os "países" Bro Gernev, Bro Leon, Bro Dreger, Bro Gwened e Bro Sant Brieg.