Saltar ao contido

Bretaña (rexión histórica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bretaña (histórica)»)
Modelo:Xeografía políticaBretaña
Imaxe

HimnoBro gozh ma zadoù Editar o valor en Wikidata

Lema«Potius mori quam fœdari»
«Kentoc'h mervel eget bezañ saotret»
«Plutôt la mort que la souillure» Editar o valor en Wikidata
EpónimoBritannia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°N 3°O / 48, -3
Poboación
Poboación4.687.381 (2016) Editar o valor en Wikidata (137,77 hab./km²)
Lingua usadabretón
lingua francesa
Lingua galó Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie34.022 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoRoc'h Ruz (en) Traducir (385 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bzh Editar o valor en Wikidata

A Bretaña (en bretónBreizh[bʁɛjs] ou [bʁɛχ] (AFI); en galóBertaèyn[bəʁ.taɛɲ] (AFI); en francésBretagne[bʁə.taɲ] (AFI)fr-Bretagne.ogg escoitar), é unha rexión xeográfica e cultural que se atopa nunha península no extremo noroeste de Francia. Nos tempos do Imperio Romano a rexión era coñecida co nome de Armórica, aínda que posteriormente chegou a ser un reino independente e tamén un ducado, antes de pasar a ser unha provincia do Reino de Francia en 1532, gobernada como se fose unha nación separada dentro da coroa. A península limita co canal da Mancha ao norte, o mar Céltico e o océano Atlántico ao oeste, e o golfo de Biscaia ao sur. Ten unha superficie de 34 023 km².

A provincia histórica da Bretaña está hoxe en día dividida en cinco departamentos: Finistère, Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Loira Atlántico e Morbihan. Dende a reorganización de 1956, a actual rexión administrativa da Bretaña só abrangue catro dos cinco departamentos bretóns, mentres que o departamento do Loira Atlántico pertence á rexión dos Países do Loira. A súa reunificación administrativa é obxecto de debate.

Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas[1]. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.

O ducado da Bretaña foi unido á coroa de Francia no ano 1532, volvéndose unha provincia ata que desapareceu administrativamente a entidade da Bretaña en 1790 pola división en cinco departamentos, o Côtes-d'Armor, o Finistère, o Ille e Vilaine, o Loira Atlántico e o Morbihan. Coa creación das rexións durante o século XX volveu aparecer unha rexión Bretaña, sacándolle o departamento do Loira Atlántico. Polo tanto a histórica provincia da Bretaña foi dividida entre as actuais rexións de Francia a maioría da Bretaña converteuse na région Bretagne, mentres que ó sur-oeste da Bretaña (o departamento de Loira Atlántico coa súa prefectura en Nantes, unha das antigas capitais do ducado da Bretaña) foi agrupada xunto con outros territorios históricos (Anjou, Maine) para crear a région de País do Loira (o que vén a ser "terras do Loira").

Sinais de estrada bilingües poden ser vistos en áreas de fala bretoa

O francés, o único idioma oficial da república francesa, fálase hoxe en día en toda a Bretaña. As catro linguas rexionais non teñen status de oficialidade diante do estado, malia a isto están apoiados polas autoridades rexionais dentro dos límites constitucionais:

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

Malia a que é producido viño branco preto do río Loira, as bebidas tradicionais da Bretaña son:

Tamén se producen hoxe en día cervexas. Historicamente, a Bretaña foi unha rexión produtora de cervexa, pero, debido á importación de viño doutras rexións francesas, a produción e o consumo de cervexa foron diminuíndo lentamente até case desaparecer a mediados do século vinte. Nos anos setenta, debido a un rexurdimento rexional, abríronse novas cervexarías. Arredor de vinte delas permanecen hoxe abertas. Tamén se produce Whisky, e hai un pequeno número de destilarías tradicionais que producen excelentes whiskies. Outra bebida recente é o kir bretón (crème de cassis e sidra) que se pode tomar como aperitivo.

As filloas de trigo sarraceno cómense con xamón, ovos e outros recheos apetitosos. Adoitan ser chamadas galettes (en bretón galetes), agás nas partes orientais da Bretaña onde se lles chama crêpes (en bretón krampouezh). As tortiñas delgadas feitas con fariña de trigo son comidas na sobremesa. Outros pasteis, tales como o kouign amann ("torta de manteiga" en bretón feito coa masa do pan, manteiga e azucre, ou o far, un tipo de pudding, ou o clafoutis con pasas, son tradicionais.

Rodeada polo mar, a Bretaña ofrece un amplo abano de peixe fresco e abundante marisco, especialmente mexillóns e ostras. Un prato tradicional é a cotriade, elaborado con peixes locais e verduras.

  1. Sitio web oficial da Celtic League

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]