Baldellia alpestris
Baldellia alpestris | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Baldellia alpestris (Coss.) M. Laínz |
Baldellia alpestris é unha das tres especies de plantas do xénero Baldellia. Herba adaptada aos medios moi húmidos ou acuáticos, hidrófitas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Pequena herba perenne de até 20 cm de altura. Decumbente, cos talos e follas prostrados ou tendidos. Tuberobulbo na base que está rodeado polas vaíñas das fibrosas follas vellas. Este tuberobulbo dará lugar a novas rosetas de follas nos anos sucesivos, con brotes que saen desde a base do talo, pseudoestolóns, enraizante polos nós das inflorescencias onde, ao final, desenvolvésense novas plantas fillas.[1]
A diferenza dos das outras dúas especies do xénero que teñen todas o limbo agudo a B. alpestris ten o limbo das follas obtuso e contraidas no peciolo. Inflorescencia decumbente, cunhaff ou dúas flores todas con pequeno rabo na flor (pediceladas), con varias follas e raíces nos nós. Sépalos de 3 mm, cuculados (semellante a unha capucha), con nervios paralelos rosados. Pétalos ovados brancos ou branco-rosados e denticulados, amarelos na base. Froito en aquenios con costelas non moi marcadas a diferenza das outras dúas especies. Sementes en forma de pera e rematadas en punta (apiculadas) de cor parda de entre 1 e 1,5 mm.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Habita augas remansadas pouco profundas e visiblemente eutróficas, estanques, lagoas, fontes, arroios, turbeiras; dende o nivel do mar até os 2000 m s. n. m.[2][3] Trátase dun endemismo que se atopa distribuído pola zona noroeste da Península Ibérica. Incluído desde o ano 2007 dentro da categoría de especie vulnerable en varias comunidades autónomas de España.[4]
Número de cromosomas
[editar | editar a fonte]2n = 18[5]
Sinonimia
[editar | editar a fonte]Baldellia alpestris (Coss.) M. Laínz en Bol. Inst. Estud. Asturianos, Supl. Ci. 5: 41 (1962)
- Alisma alpestre var. grandiflorum Merino
- Alisma alpestre Coss. en Bull. Soc. Bot. France 11: 333 (1864)[6]Basónimo
- Baldellia alpestris subsp. alpestris (Coss.) M. Laínz
- Echinodorus alpestris (Coss.) Micheli
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Baldellia" (PDF). Flor Iberica. CSIC. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ De Hydrophytis Hispaniae Centralis Notulae Praecipue Chorologicae, III. Fl. Montiber. 11: 4-5. 1999.
- ↑ Atlas de la flora vascular silvestre de Burgos. Junta de Castilla y León. Caja Rural de Burgos. 2006.
- ↑ "Catálogo de Flora Protegida de Castilla y León" (PDF). B.O.C.yL. núm. 119. B.O.C.yL. 20 de xuño de 2007. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ Guillén,, A. & al. (1998). "Algo acerca de Baldellia alpestris" (PDF). Anales Jard. Bot. Madrid 56(2): 392-393. CSIS. Consultado o 20 de novembro de 2018.
- ↑ "Description De Deux Espèces Nouvelles D'espagne". Bull. Soc. Bot. France (en francés). Biodiversity Heritage library. 1864. Consultado o 20 de novembro de 2018.