Baliza de Carrumeiro Chico
Aparencia
Baliza de Carrumeiro Chico | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Ría de Corcubión |
Concello | Corcubión |
Mapa | |
Construción | 1861 |
Datos técnicos | |
Cód. internacional | D-1758 |
Descrición | Torre troncocónica |
Altura sobre o terreo | 6 metros |
Características | GpD (2) B 7,5 seg. |
Período | 0,5 + 1,5 + 0,5 + 4,5 = 7 s |
Alcance | 10 millas náuticas |
A baliza de Carrumeiro Chico está situada nun penedo ao sur do cabo de Cee, no concello de Corcubión.
Características
[editar | editar a fonte]O Carrumeiro Chico, é unha rocha que apenas amosa a superficie na ría de Corcubión, é un dos maiores perigos para a navegación da zona. A baliza data de 1861, cando se lle dotou dunha boia con campá, substituída en 1917 por unha baliza sobre unha torre de pedra de sete metros de altura, que emite un lampo de luz vermella cada cinco segundos. A súa luz actual é a dunha placa solar de 1000 voltios cunha grande esfera que, xunto coas franxas negras e vermellas pintadas na torre, é o sinal de perigo.
O funcionamento dese sinal depende, coma o do faro de cabo de Cee e a luz das Lobeiras, do faro de Fisterra.
Código | 03940 D-1758 |
Descrición | Torre baliza troncocónica MC de perigo illado |
Altitude | 6 m. |
Características | GpD (2) B 7,5 seg. |
Período | 0,5 + 1,5 + 0,5 + 4,5 = 7 seg. |
Alcance | 10 millas náuticas |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Autoridade Portuaria da Coruña Arquivado 23 de decembro de 2016 en Wayback Machine.