Balonmán Seis do Nadal-Coia
Aparencia
Seis do Nadal | |||
---|---|---|---|
Nome completo | Club Balonmán Seis do Nadal-Coia | ||
Cidade | Vigo, Galicia | ||
Historia | 1983- | ||
Pavillón | Complexo Deportivo das Travesas (3.500 espectadores) | ||
Presidente | María Consuelo Prelchi | ||
Cores | Azul e branco | ||
Na rede | |||
http://seisdonadal.com/ | |||
O Club Balonmán Seis do Nadal-Coia[1] (por motivos de patrocinio, Magope Seis do Nadal) é unha entidade deportiva galega con sede no barrio vigués de Coia. A súa presidenta é María Consuelo Prelchi.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1983 pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Seis do Nadal, e comezou a formar deportistas federados entre o propio alumnado do centro.[2] En 2006 creouse a categoría feminina do club. O equipo masculino xoga na Primeira División Nacional, e o feminino na División de Honra Prata de balonmán feminina. Conta con vinte e dous equipos en todas as categorías[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O nome de Seis do Nadal deriva do CEIP homónimo.
- ↑ "Historia - Balonmán Seis do Nadal". seisdonadal.com. Arquivado dende o orixinal o 30/07/2020. Consultado o 12/01/2021.
- ↑ "Equipos do club.". RFEBM - Real Federación Española de Balonmano. Consultado o 12/01/2021.