Banc Sabadell
Banc Sabadell | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | institución financeira, banco, negocio, empresa, empresa de capital aberto e systematic internaliser |
Área de operación | España, Reino Unido, Estados Unidos de América, Francia, Portugal, Marrocos, Bahamas, México, Brasil e Andorra |
Data de fundación | 31 de decembro de 1881 |
Nomeado en referencia a | Sabadell |
Presidente/a | |
Director/a | César González-Bueno |
Nº de empregados | 18.895 (2022) ![]() |
Organización subsidiaria | sen etiquetar e Banco Sabadell (México) |
Persoas relacionadas | Josep Oliu i Creus, Pedro Fontana e César González-Bueno |
Sede | Alacant, Sabadell e Sabadell |
País | España |
Na rede | |
https://www.bancsabadell.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Banc Sabadell é unha entidade bancaria española, con sede na cidade de Alacant. Fundado en 1881, actualmente[cando?] está considerado o cuarto grupo bancario de España. Cotiza na Bolsa de Madrid (SAB) e forma parte do índice IBEX 35.
Marcas comerciais
[editar | editar a fonte]A súa rede comercial alcanzou en outubro de 2007 as 1 196 oficinas pertencentes á diversas marcas baixo as que opera a entidade:
- Sabadell Atlántico, marca principal do grupo con implantación en gran parte de España.
- Solbank, marca especializada no negocio de estranxeiros residentes en España.
- Banco Herrero, implantada en Asturias e León.
- Banco Urquijo, orientada á banca privada.
- Activobank, marca multicanal especializada na xestión de activos e investimentos.
SabadellGallego
[editar | editar a fonte]
SabadellGallego é a marca coa que opera Banco Sabadell en Galiza trala adquisición do Banco Gallego por parte do Banco Sabadell. O SabadellGallego adícase á banca comercial para particulares e empresas.
O 17 de abril do 2013, Banco Sabadell adquiriu o Banco Gallego ó FROB.[1]
O 28 de outubro do 2013, culminou o proceso de compra,[2] e ese mesmo día púxose en marcha a marca comercial SabadellGallego.
O 21 de novembro do 2013, o consello de administración do Banco Sabadell aprobou a fusión por absorción do Banco Gallego.[3]
Entre o 14 e o 16 de marzo do 2014, produciuse a plena integración do Banco Gallego no Banco Sabadell coa unificación dos sistemas operativos e tecnolóxicos e o cambio da marca. As oficinas do Banco Gallego en Galiza, que foron renomeadas coa marca SabadellGallego, integráronse á plataforma tecnolóxica do grupo Banco Sabadell. Por outra banda, as 28 oficinas do banco que aínda operaban coa marca de SabadellAtlántico na comunidade galega pasaron a denominarse SabadellGallego. A rede do Banco Gallego localizada fóra de Galiza integrouse coa marca SabadellAtlántico,[4] agás nas provincias onde operaba coas marcas SabadellHerrero ou SabadellGuipuzcoano, onde adquiriron devanditas denominacións.
En xullo do 2015, anunciouse que Banco Sabadell decidira unificar as súas marcas territoriais baixo o nome 'Sabadell'. En agosto, comezarían a desenvolverse as modificacións de rotulación nas oficinas coas marcas SabadellAtlántico e SabadellCAM. SabadellHerrero, SabadellGuipuzcoano e SabadellGallego pasarán a adoptar tamén a nova denominación no futuro. SabadellUrquijo e SabadellSolbank mantenránse.[5] Desta modificación non se sabe aínda nada a día de hoxe[cando?], xa que a marca SabadellGallego segue a operar con normalidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sabadell se queda con Banco Gallego" Cinco Días, 17/4/2013 (en castelán).
- ↑ "Sabadell culmina el proceso de compra de Banco Gallego" El Economista, 28/10/2013 (en castelán).
- ↑ "Banco Sabadell acuerda absorber Banco Gallego y Solbank (exLloyds España)" Europapress, 21/11/2013 (en castelán).
- ↑ "Banco Sabadell culmina con éxito las integraciones de Lloyds Banking Group España y Banco Gallego" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16/03/2014. Consultado o 16/3/2014.
- ↑ "El Banc Sabadell comienza el proceso de unificación de sus marcas" El Periódico de Catalunya, 3/7/2015 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banc Sabadell ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de Banc Sabadell (en varias linguas)