Saltar ao contido

Banco de La Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banco de La Coruña
Antiga sede do Banco de La Coruña na Coruña. Editar o valor en Wikidata
Tipobanco e entidade desaparecida
Data de fundación1857
Data de disolución1970
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Banco de La Coruña, foi un banco galego con sede na cidade da Coruña, activo entre 1859 e 1970.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Fundado ao amparo da Lei de Bancos de 28 de xaneiro de 1856, autorizado por Real Decreto de 25 de novembro de 1857 (publicado o 9 de xaneiro de 1858),[1] abriu as súas portas o 1 de xullo de 1859.[2]

Foi fundado como banco emisor por 25 anos, cun capital social de catro millóns de reais de billón. Naceu por iniciativa dun grupo de comerciantes e empresarios coruñeses, que promoveron a creación dun banco propio que salvagardase a autonomía local fronte ao establecemento dunha sucursal do Banco de España que puidese supor un obstáculo ao desenvolvemento do comercio da Coruña.

O 15 de novembro de 1875, desapareceu como tal por mor do Decreto Echegaray de 1874 que establecía o monopolio da emisión de billetes no Banco de España. Posteriormente unha gran parte dos accionistas crearon El Crédito Gallego.[3] De novo, volverá a aparecer coa denominación anterior o 8 de decembro de 1917 cun capital de 5 000 000 de pesetas.[3] En 1934 era o 34º banco español.[4] En 1970 absorbeuno o Banco de Bilbao.

  1. Facal 2016, p. 381.
  2. Facal 2016, p. 382.
  3. 3,0 3,1 Mirás 2007, p. 106.
  4. Mirás 2007, p. 110.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]