Bande, Bande
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bande.
Bande | |
---|---|
Casa do concello de Bande. | |
Concello | Bande[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°01′54″N 7°58′46″O / 42.0316271, -7.9795508 |
Poboación | 876 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Bande é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 1 134 habitantes, dos cales 523 eran homes e 611 mulleres.
Bande na literatura popular galega
[editar | editar a fonte]- Andivécheste alaudando/ por Recarei e por Bande/ que te querían as mozas:/ ai, que mentira tan grande! [2].
- Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [3].
- Heime de casar en Crasto,/ en Crasto me casarei;/ se me non casar en Crasto/ casareime en Recarei [4].
- O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará [5].
- Qué estriga teño na roca!/ Que mazaroca farei!/ Que lindos mozos eu teño/ no lugar de Recarei [6].
- Vexo Sarreaus, vexo Bande,/ tamén vexo Recarei,/ vexo Calvos, vexo a Granxa,/ terriña onde me eu criei [7].
- Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei [8].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A vila de Bande.
-
Rúa en Bande.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bande
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Bande no concello de Bande na Provincia de Ourense | |
---|---|
Bande | Buxán | Lueda | Martiñán | Recarei | Sarreaus | Seoane | Sordos | Vilameá |
Parroquias de Bande
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 39. Recarei e Bande son lugares da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: casaréime. Refírese a Castro Leboreiro, xa en Portugal; Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 117. Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 137). Unha estriga é un pequeno feixe de liño que se pon na roca para fiar. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. Sarreaus, Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; A Granxa pertence á parroquia de Santiago de Cadós; e Santiago de Calvos é unha parroquia propia, todos eles no concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.